Arquivo da categoría: Viaxes

A Rosa de Zamosc

Rosa_LuxemburgAgustín Agra. Preguntei por Rosa, pero ninguén a coñecía. De primeiras coidei que o meu nivel de inglés era deficiente de máis e non comprendían a pronuncia; deseguido decateime de que, sinxelamente, ningunha das amables empregadas da oficina de turismo sabía quen era. De Zamosc si sabían. Era o seu traballo. Déronme folletos e ofrecéronse  a resolver calquera dúbida que tivese. Mais eu xa chegara cos deberes feitos: sabía da súa fundación a finais do século XVI nun cruce de camiños que controlaba as rutas comerciais que comunicaban o Mar Negro co norte e co oeste de Europa; da chamada dun arquitecto italiano para o seu deseño a semellanza das cidades renacentistas do seu pais natal Seguir lendo A Rosa de Zamosc

Chiwoniso Maraire

ChiwonisoAlberte Pagán. O 11 de julho de 2006 aterrei em Harare. Após buscar hotel e descansar da viage acheguei-me a umha cafetaria do centro, a Jazz 105, da que me faria asíduo. No jornal que lia entanto ceava anunciava-se um concerto dumha tal Chiwoniso Maraire para essa mesma noite no Book Café, local que tamém acabaria freqüentando pois Chiwoniso actuava no seu cenário todas as terças-feiras. Seguir lendo Chiwoniso Maraire

Máis viaxes

diccioRomán Arén. A literatura odepórica, de viaxes, ten moitos atractivos para un ser sedentario coma min, que aínda non coñece ben a súa vila natal e que só goza das viaxes afora se están en letra impresa. Posúo uns cantos libros de viaxes, pero gusto moito dos catálogos, onde sempre aprendo moito e onde atopo libros que acenden a miña imaxinación e que me poño a cachear. Hoxe ando a remexer no Diccionario biobibliográfico de viajeros por España y Portugal (2010) de García-Romeral, que abrangue máis de 2000 escritores de diferentes linguas que viaxaron pola Hispania, con predominio de anglosaxóns e francófonos. Seguir lendo Máis viaxes

A chamada da Natureza

un paseoPedro García Vidal. Da lectura de novas relacionadas co tráxico terremoto de Nepal, chámame a atención toda esa cantidade importante de persoas anónimas que, nun momento determinado da súa vida, abandonando todo, afástanse do mundo confortable no que viven na procura de algo que os satisfaga no persoal. Neste caso, as montañas do Himalaia semellan ser as que provocaron ese efecto chamada a centos de occidentais sorprendidos nas súas abas. A pregunta que me fago é por que a Natureza ten ese poder de atracción ante o desacougo persoal? Nun libro e nunha película trato de atopar respostas. Seguir lendo A chamada da Natureza