Arquivo da categoría: Viaxes

O zapateiro de V.

zapateiro 1Xerardo AgraFoxo. Uns anos atrás apareceu na portada dun xornal. Era un home humilde, casado e con catro fillos ás súas costas, pero condenárono a cinco anos de cadea. Cal fora o seu delito? Como merecera tan duro castigo? Descubríranlle un millón de pesos, ao redor de 40 mil dólares, agochados nun caixón. Algo insólito nun país cuns salarios tan raquíticos. E como acumulara tal fortuna? Seguir lendo O zapateiro de V.

Mulleres e cativos

cafe 1Xerardo AgraFoxo. Elas, as mulleres, son moi visibles. Ocupan postos de responsabilidade nas bibliotecas, bodegas, casas da cultura ou oficinas de turismo. A súa presenza é notable como enfermeiras ou médicas nos hospitais. Tamén abondan no exército e na universidade. E son lexión no mundo do ensino. E nos servizos municipais ofrecidos nos arrabaldes das cidades.   Seguir lendo Mulleres e cativos

Estomatóloga

estomatologo 1Xerardo AgraFoxo. Despois de camiñar cinco horas pola selva tropical, unha treboada ameaza polas abas da montaña. Un alpendre, talvez para coidar os animais, serve como ocasional refuxio. Cando se traspasa o limiar, descóbrese o inesperado: un raquítico televisor, situado encol dunha cadeira, transmite un “culebrón” brasileiro. Enfronte, noutra cadeira, atópase unha moza atenta á pantalla. O recibidor non ten outros mobles, nin cadros que o adobíen. Seguir lendo Estomatóloga

Cada bicicleta, un peso

bicis 1Xerardo AgraFoxo. Os  nomes non delatan a súa orixe. Unha mente lúcida bautizounas –Flying Pigeon ou Forever– cun claro sentido comercial. Ante a crise do transporte público os máximos dirixentes tomaron unha decisión: importar máis dun millón e medio das fábricas chinas. Pagáronse con varias zafras de azucre e algúns litros de ron. Os seus prezos eran relativamente baixos. Moitas entregáronse polos “méritos revolucionarios”. Seguir lendo Cada bicicleta, un peso