Xerardo AgraFoxo. O autobús deixoume nunha estación pequena. Non sabía onde estaba e dirixinme a un empregado que, algo desconcertado polas miñas preguntas apresuradas, me explicou que chegara a Porto de Santos. Aínda que me dixo que alí non atoparía onde aloxarme, puxen a mochila nun ombreiro e camiñei decidido cara ao centro histórico. Pola súa faciana decadente e tendas cativas semellaba un barrio do centro d’A Habana. Seguir lendo Pelé
Arquivo da categoría: Viaxes
Tiradentes
Xerardo AgraFoxo. –Hai alí algún recordo seu?
–Si, claro –dixo, e amosoume un folleto turístico–. Nun muro da súa casa natal hai esta placa: “O Tribunal de Xustiza a Tiradentes. Reverenciándolle a memoria. Absólveo e repudia a inxusta sentenza que o condenou”. Seguir lendo Tiradentes
O labirinto do Pelouriño
Xerardo AgraFoxo. Cheguei cedo ao corazón da cidade histórica, a zona alta onde se concentraban os seus monumentos e a praza bautizada co nome do Pelourinho, a columna onde castigaban os escravos rebeldes e os criminais. Un par de guías turísticos intentaron dirixir os meus pasos na Praza da Sé, pero axiña desistiron das súas intencións. Seguir lendo O labirinto do Pelouriño
Na terra de Jorge Amado
Xerardo AgraFoxo. Un crego díxome que el sabía dunha persoa que me podía falar da praga que atacara o cacao. Despois fun ata a Casa de Cultura Jorge Amado. Había unha estatua súa diante da fachada e outra preto das escaleiras da catedral. As dúas eran diana dos fotógrafos ocasionais. No caserón habilitado para homenaxealo recollíase aquela parte da súa vida vinculada coa cidade. Seguir lendo Na terra de Jorge Amado