Arquivo da categoría: Agustín Agra

Café cuántico

01203454501_gAgustín Agra. En 1687, nos seus Philosophiæ naturalis principia mathematica, Isaac Newton establecía as leis do movemento e a gravitación universal; con elas explicou o comportamento do mundo. Porén, máis alá do mundo Clásico atópanse os mundos do moi grande e do moi pequeno, o macro e o micro, a escala do Universo e a do mundo cuántico. Para intentar comprendelos, os físicos desenvolveron ao logo do século XX a Teoría dos campos cuánticos e o que poderiamos chamar a gravidade de Einstein: a Teoría xeral da relatividade; ambas as dúas en desacordo dende hai case un cento de anos. Seguir lendo Café cuántico

Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias

todo-o-tempo-do-mundo-XAgustín Agra. Todo o tempo do mundo é a novela de Ariadna e de Valente. De Valente e de Ariadna. Dunha nena urbanita de case 12 anos e dun vello courelá, seu avó, de case oitenta. É a novela de dous mundos e de dous tempos. Malia que narrada en boa parte nun tempo pretérito recente (un case presente), é unha novela acerca do pasado e do futuro. Do antes e do despois. É a novela dun tempo que se estiñe, dunha forma de vida e de vivir que desaparece a ollos vista, que se alimenta do zume dos mitos, que bebe na saiba das nosas tradicións. Léndoa pódese escoitar a voz da terra, sentir a nosa raizame afondando, afondando, afondando… Seguir lendo Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias

A grande expansión

infinitoAgustín Agra. Podería dicir que non sei por que o fixen; engadir que tampouco recordo por que pasei a chave do cadeado da bicicleta por riba da pintura do seu coche, por que lle pinchei unha roda -a que me deu tempo antes de aparecer a conserxe-. Podería dicilo, pero sei que mentiría. Un ser anónimo; un dos que entran nunha vida e logo desaparecen sen deixar nin unha lene pegada no coiro. Non recordo del, se digo a verdade, nin a súa fasquía. A súa non fora máis ca unha explicación rutineira do big bang, a grande explosión que se produciu no principio do tempo, á que puxo data enchendo de ceros o encerado. Seguir lendo A grande expansión

Darwin. A biografía gráfica

darwin-la-biografia-graficaAgustín Agra. Cando Charles Darwin descubriu a flor da Angraecum sesquipedale, unha orquídea provista dun esporón de vinte e cinco centímetros de lonxitude –maior que unha cuarta humana coa palma da man o máis aberta posible–, deduciu que, para poder acadar o néctar contido no seu interior, tiña que existir un insecto cunha probóscide de cando menos ese tamaño. Mais a avelaíña prognosticada por Darwin, a Xantopan praedicta, non apareceu ata moitos anos despois do pasamento do excepcional naturalista inglés… Seguir lendo Darwin. A biografía gráfica