Arquivo da categoría: Agustín Agra

Quirópteros (paisaxe crepuscular)

quip
Os morcegos son fillos da noite pero ningún dos que hai en Galicia se nutre de sangue

Agustín Agra. Nocturnos e esquivos. Fillos da noite. Capaces, coas súas pequenas orellas, de escoitar o eco dos sons que eles mesmos emiten para localizar as súas presas; mais, das 24 especies identificadas ata agora en Galiza, ningunha se nutre de sangue. De 1.200 especies arestora coñecidas no mundo, só tres -en zonas tropicais de América- Seguir lendo Quirópteros (paisaxe crepuscular)

Os Kowa (vinte e cinco anos con Queipo)

20160331_095019Agustín Agra. Os Kowa: unha imaxinaria tribo amazónica. Francis: o protagonista sen nome dunha novela. A Amazona: o escenario con maiúsculas. Unha viaxe: a aventura que conduce dende o compostelán parque de Bonabal, ata Bruxelas, Copenhague, Iquitos e aínda máis alá, o lugar onde habita a Callitaera aurora, unha bolboreta da que nada se coñece acerca da súa bioloxía. Seguir lendo Os Kowa (vinte e cinco anos con Queipo)

Frankestein 04155, de Aitor Rei

Frankenstein_04155-504742715-largeAgustín Agra. Que necesario é o cinema!, exclamaba o director de cine Luís Avilés, responsable asemade do Cineclube Liceo de Noia, após o visionado de FRANKENSTEIN 04155, unha película documental na que o protagonista é o accidente do tren Alvia 04155 en Angrois o 24 de xullo de 2013.

81 mortos e máis de 140 feridos. Unha curva, A grandeira, á entrada de Compostela. Un tren de alta velocidade que non era tal. Unhas especificacións técnicas que non se cumprían. Un sistema de seguridade que no estaba operativo. Frankenstein, o nome que lle deu ao tren o persoal de Renfe por estar fabricado con partes doutros trens. Seguir lendo Frankestein 04155, de Aitor Rei