Arquivo da categoría: Agustín Agra

Ler a Kafka

9788490660805Agustín Agra. A grandeza da vida (Tusquets, 2015) é unha obra de ficción do alemán Michael Kumpfmüller. Nela novélase o último ano de vida de Frank Kafka: a historia de amor que o ligou a Dora Diamont dende que se coñeceron na costa do Báltico, no verán de 1923, ata a morte do escritor por tuberculose en xuño de 1924. Nas súas páxinas ráchase coa imaxe tradicional erguida arredor do autor checo: eis un home –pese á enfermidade– feliz, namorado –tras as malogradas relacións con Felice Bauer e Milena Jesenská– e escribindo decontino… Seguir lendo Ler a Kafka

Grossman en Treblinka

Vasily GrossmanAgustín Agra. Verán de 1944. O exército vermello avanza imparable camiño de Berlín. Un correspondente de guerra acompáñao cubrindo as novas da fronte. De súpeto, malia que o lugar está arrasado no intento va de eliminar todo vestixio, atópanse co horror. Porén, o xornalista pregunta e indaga. As testemuñas e as probas son moitas. De vagar, reconstrúe o relato do acontecido: os trens ateigados que chegan acotío ata a fin dun camiño de ferro sen saída; cada convoi consta de 60 vagóns carrexando de 150 a 200 persoas cada un. Homes e mulleres, vellos e nenos; xudeus, ciganos, polacos… Seguir lendo Grossman en Treblinka

A Rosa de Zamosc

Rosa_LuxemburgAgustín Agra. Preguntei por Rosa, pero ninguén a coñecía. De primeiras coidei que o meu nivel de inglés era deficiente de máis e non comprendían a pronuncia; deseguido decateime de que, sinxelamente, ningunha das amables empregadas da oficina de turismo sabía quen era. De Zamosc si sabían. Era o seu traballo. Déronme folletos e ofrecéronse  a resolver calquera dúbida que tivese. Mais eu xa chegara cos deberes feitos: sabía da súa fundación a finais do século XVI nun cruce de camiños que controlaba as rutas comerciais que comunicaban o Mar Negro co norte e co oeste de Europa; da chamada dun arquitecto italiano para o seu deseño a semellanza das cidades renacentistas do seu pais natal Seguir lendo A Rosa de Zamosc

O globo de Serafín

752px-Serafín_MarcosAgustín Agra. O pasado xullo recibín unha chamada telefónica do amigo Serafín Marcos. O venres 24 é a festividade de santa Cristina –comezou a contarme de xeito sumarísimo– e os da comisión de festas encargáronme dar o pregón. Naquel primeiro intre da conversa, debo confesalo, temín que me fose pedir a min a redacción. Mais o asunto non ía en absoluto por aí. Seguir lendo O globo de Serafín