Grossman en Treblinka

Vasily GrossmanAgustín Agra. Verán de 1944. O exército vermello avanza imparable camiño de Berlín. Un correspondente de guerra acompáñao cubrindo as novas da fronte. De súpeto, malia que o lugar está arrasado no intento va de eliminar todo vestixio, atópanse co horror. Porén, o xornalista pregunta e indaga. As testemuñas e as probas son moitas. De vagar, reconstrúe o relato do acontecido: os trens ateigados que chegan acotío ata a fin dun camiño de ferro sen saída; cada convoi consta de 60 vagóns carrexando de 150 a 200 persoas cada un. Homes e mulleres, vellos e nenos; xudeus, ciganos, polacos… Arredor de 2000 vítimas diarias ao longo dun período de 400 días. Unha cifra final de, cando menos, 800.000 asasinados en trece meses de traballo meticuloso.

TreblinkaOs muros de arame de espiño de seis metros de altura reciben os condenados. Agárdaos a selección no patio; os berros dos carcereiros; os ladridos dos cans adoecidos; os vestiarios e as duchas –amoreados en grupos de 500–; as cámaras de gas; as fosas ateigadas de cadáveres; as xigantescas piras funerarias onde facer arder milleiros de corpos a un tempo. Eis o máis grande matadoiro da historia. Maior que Majdanek, Belzec ou Chelmno. Meirande que o arquifamoso Osviecim. O máis eficaz de entre os seis Campos de Exterminio: Treblinka.

1396374161_002628_1396376831_noticia_normalUn texto, este libro, extraído de Anos de Guerra –volume coa recompilación daquelas crónicas– reeditado por Galaxia Gutenberg de xeito independente. A primeira reportaxe en relatar ao mundo o xenocidio perpetrado polos nazis –logo proba de cargo nos xuízos de Núremberg–. O autor, un narrador excepcional: Vida e destino, novela inmensa –Guerra e Paz do século XX– con Stalingrado como escenario de fondo; O libro negro, xunto a Ilya Ehremburg, coas testemuñas das vítimas do nazismo… Un home, o autor, vítima el mesmo –sufriu a requisa dos orixinais dos seus textos e a prohibición de publicar– do totalitarismo soviético: Vasili Grossman.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *