Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

A fama dos libros

depositphotos_104976002-stock-illustration-young-man-reading-a-bookX. Ricardo Losada. Xa teño dito aquí que leo con frecuencia no paseo marítimo. Como é lóxico, a xente pasa e ás veces para (en ningún caso se levan botella de auga e chándal de marca) e ponse a falar comigo. Moitos deles a pesar de que temen molestarme ou facerme perder a concentración. Para nada, dígolles con sinceridade. Eu recupero a concentración moi rápido e encántame pasar do mundo da ficción ao mundo real e volta de novo, e con toda naturalidade, ao mundo da ficción. Seguir lendo A fama dos libros →

A bucina dos galos

bolboX. Ricardo Losada. Hai un momento na vida dos nenos en que descobren a relación de causa e efecto. Non o recordo no meu caso pero supoño que será unha sensación marabillosa porque, a partir dese momento, pulsan o interruptor para acender e apagar as luces constantemente. Aínda que para os adultos é un encordio, está ben que así sexa. Saber establecer relacións de causa e efecto é clave para a intelixencia. Seguir lendo A bucina dos galos →

Poemas asasinos

poemasX. Ricardo Losada. Hai días que escollo ás cegas na miña biblioteca persoal un libro de poesía, ábroo ao azar, aprópiome do primeiro poema que apareza e lévoo a pasear comigo. Se é moi curto, memorízoo; se é extenso, escríboo a man nun papel. O outro día levei este poema de Manuel Antonio: “Os habitantes d´a cidade que o / arquiteuto leva n-a cabeza / viven n-o planeta que non des- / cobriron os astrónomos”. Seguir lendo Poemas asasinos →