A fama dos libros

depositphotos_104976002-stock-illustration-young-man-reading-a-bookX. Ricardo Losada. Xa teño dito aquí que leo con frecuencia no paseo marítimo. Como é lóxico, a xente pasa e ás veces para (en ningún caso se levan botella de auga e chándal de marca) e ponse a falar comigo. Moitos deles a pesar de que temen molestarme ou facerme perder a concentración. Para nada, dígolles con sinceridade. Eu recupero a concentración moi rápido e encántame pasar do mundo da ficción ao mundo real e volta de novo, e con toda naturalidade, ao mundo da ficción.Pasar de dialogar cun Fouché que vive intensamente a revolución francesa a facelo cun veciño ou cun amigo, e volta de novo ao século XVIII, é unha experiencia moito máis exótica, para min, que calquera viaxe turístico.

     Sendo iso certo, tamén o é que toda regra ten a súa excepción. E, neste caso, a excepción chámase Ramona. Setenta e moitos anos, pesca de toda a vida e agora percorre en saia e ao seu ritmo, sen botella de auga nin chándal de marca, o paseo marítimo. Como sempre nos tivemos moito cariño, cada vez que pasa saúdame ou faime un pequeno comentario, pero non para, pois pensa que molesta. Non é certo, pero o outro día si me molestou. “Vaille dando, meu fillo. Así me ghusta. Con algho hai que romper a cabesa”, díxome ao pasar, impedíndome volver á historia de suspense que estaba lendo.

     Porque se mo dixese o típico paseante, teríao claro. Retranca cruel. Pero no caso de Ramona… Vaille dando, meu fillo non me suscitaba ningunha dúbida. Mesmo podía entenderse como a declaración de que non quería molestarme (non deixes de ler). Así me ghusta tampouco debería, en principio, suscitar dúbidas. depositphotos_104540080-stockillustratie-vrouw-leest-op-de-parkbankParecíalle ben que lese, unha actividade pacífica (non te metes con ninghén, dixérame un día), culta (o saber non ocupa lughar, dixérame outro) e divertida (cada un pásao ben á súa maneira, dixera unha terceira vez). Pero ese Así me ghusta convertíase nun enigma fascinante ao relacionalo coa frase final, Con algho hai que romper a cabesa. É dicir, a Ramona gustáballe que eu rompese a cabeza. Xa que logo, a clave era que significaba para ela romper a cabesa partindo da premisa de que, por levarnos ben, tiña que ser algo positivo. Xa. Pero… Que sentido positivo podía ter a expresión romper a cabesa aplicada a ler un libro? Non se me ocorría nada e a alternativa (pensar que Ramona era unha cínica e que, no fondo, ler parecíalle unha insá forma de perder o tempo), non tiña sentido. Loxicamente, cando media hora despois volveu pasar por onde eu estaba, pregunteillo. Ves como ler rompe a cabesa?, díxome, sen engadir ese meu fillo final que tanto me gustaba.

5 comentarios en “A fama dos libros

  1. La imaginación, volcán de deseos, madre de espejismos… Tu pregunta, como la novela Rayuela, queda con final abierto, puedes aplicarle el que se te ocurra, igual aciertas.

  2. Benquerida Carmen:

    Si, creo que teño sorte con esa viaxe de ida e volta da ficción á realidade, e viceversa. O malo é que tamén me pasa cando vexo os telexornais ou leo información política na prensa. E, nese caso, pódoche asegurar que non é nada grato pasar dunha realidade a outra. Contra a estupidez, dicía Schiller, os deuses loitan en van.
    Pode que Ramona quixese dar a entender, efectivamente, que con algo hai que perder o tempo e, simplemente, eu tiña un día mentalmente rabudo. Pero… Non sigo. Probablemente me dirías que non me rompa tanto a cabeza.

    Apertas rianxeiras

  3. Prezada Magdalena:

    Tes razón. É moi bo romper a cabeza. Que perigo as persoas que sempre teñen as cousas claras!!!!! Un non imaxina a Trump ou a Putin rompéndose a cabeza. Nin a Hitler, Stalin ou Franco. Cantas veces me teñen recordado en Rianxo o caso dun veciño que toleou porque lía moito. E non só en Rianxo. Creo que a mesma historia se conta en todas partes. Pero tamén che podo asegurar que hai moitas persoas que len e non se rompen nada a cabeza. De aí que o fanatismo non sexa incompatible, como comprobamos cada día máis, con ser unha persoa lida.
    A historia que contas, marabillosa. NOn sei se debería dicilo, pero (creo que hai confianza, cando menos virtual) vou dicilo. O quitamedos foi malvado, queda claro. Pero, foino tamén J. Manuel? Iso non o aclaras e non hai dereito a un conto así con final aberto.
    Unha aperta cómplice

  4. Suerte que tienes, profesor: a mí se me va “el santo al cielo” cada vez que levanto la cabeza; y me cuesta coger de nuevo el hilo de lo que estaba leyendo. Lo que ocurre es que tengo una mente calenturienta y la charla con el vecino me hace concebir por unos instantes nuevas historias que luego quedan aparcadas sin opción a poner el motor en marcha.
    Lo que más te molestó de la señora Ramona es que intuiste el significado de la frase que, sin más vuelta de hoja, venía a decir: “Con algo hai que perde-lo tempo”.
    Hoy he venido al ordenador a horas intempestivas. Mientras leía tu interesante disertación, he tenido que levantarme tres veces para atender otros menesteres. ¡Cómo no ha de írseme el “santo al cielo”…! Tengo más que comprobado que lo mío es la noche avanzada.
    Unha aperta forte.

  5. Buenos días, querido profesor:
    E que bo e ese rompedoiro de cabeza, ¿ verdade?
    Cuando voy sola a caminar, después de pasar el rio Esteirón ya voy leyendo por el camino hasta Cabío, a veces llevándome algún que otro traspié pero nunca con consecuencias; pero voy a contarte lo que me pasó en una ocasión por meterme tan de lleno dentro de la vorágine de un espléndido libro que empecé a leer del autor John Boyne. Estaba allá por los Pirineos, y salí de casa a dar mi diario paseo con un pequeño libro (digo pequeño porque no llega a las 200 páginas), por la mañana había llovido y los prados estaban empapados de agua; como no podía sentarme en la hierba y a aquella hora se agradecía el sol en la espalda, me senté en el “quitamiedos” dándole la espalda a la intransitada carretera mirando para el precioso valle de Ordino. Y hete aquí que, el pequeño libro, con aquel pequeño niño, con su pijama de rayas, dentro de aquella calma en la que había barruntos de muerte, me hizo confundir el dolor que el quitamiedo me estaba produciendo, con el dolor imaginario que John Boyne estaba provocando en mi interior. Cuando fui para casa, la pequeña y gran historia estaba llegando a su fin.
    Por la noche, cuando estaba delante del espejo limpiándome la cara como de costumbre y en paños menores, vi a través del espejo a J. M lanzándome un vistazo tasador al trasero, y con los ojos abiertos como platos echó mano del libro que estaba leyendo por las noches y me dijo: “Yo no tengo látigo”. El libro que tenía en la mano era, “Cincuenta sombras de Grey”.
    A veces los quitamiedos, son malvados.
    Besiños palmeiráns e boas lecturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>