Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

Adicto á eternidade

X. Ricardo Losada. Cando somos nenos ou adolescentes imos a poucos enterros, pero todos aos que asistimos teñen unha intensidade tráxica moi alta, xa que, por seren dun familiar moi próximo ou dun amigo da nosa idade, non podemos consolarnos dicindo Morreu no seu tempo ou Era o mellor que lle podía pasar. Porén, a medida que pasan os anos, aumenta o número de enterros aos que asistimos, pero a dor perde intensidade, agás en casos moi concretos, do mesmo xeito que perde temperatura un cuarto se abrimos as portas e as ventás. Seguir lendo Adicto á eternidade

Frangullas de beleza eterna

FELIZ 2022X. Ricardo Losada. Mando todos os anos unha felicitación de ano novo. Escollo unha das fotos que teño no móbil, e engádolle coa aplicación Paint unha cita que me guste e un desexo relacionado con esa cita. Non tardo máis de dez minutos en completar toda a operación pois fágoa dunha forma espontánea e nada meditada, divertida para min Seguir lendo Frangullas de beleza eterna