Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

Lavado de remorsos

X. Ricardo Losada. Non hai moito publiquei un artigo en La Voz de Galicia no que falaba dun compañeiro de equipo homosexual que se corría cada vez que os outros membros do equipo o abrazaban tras meter un gol, e mesmo indicaba que tiña un membro viril de gran tamaño. Teño moitos anos pero debo recoñecer que cada vez que escribo un artigo así, penso nos cregos da miña infancia e, antes de mandalo, sempre me veñen remorsos á cabeza Seguir lendo Lavado de remorsos

A voz da escola

X. Ricardo Losada. En canto tocou o timbre, Sarela recolleu a mesa e meteu todo na mochila. Un dos rotuladores caeulle ao chan e, a pesar de que non tardou moito en recollelo e colocalo nun peto interior do abrigo, cando enfilou a porta xa non había ningún compañeiro na aula. Como vivía a 200 metros do instituto, foi andando soa para a casa mentres vía unha longa ringleira de autobuses afastarse rúa abaixo cara aos diferentes e variados destinos dos seus compañeiros. Entón recordou algo que lle dixera o profesor de Ética uns días antes: Pensade no momento en que chegades á casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio? Seguir lendo A voz da escola

Deuses con forma de can

pexels-photo-981062X. Ricardo Losada. Hai anos que un filósofo norteamericano chamado Peter Singer falou da necesidade de pór no centro do debate o tema dos dereitos dos animais, comezando polos grandes simios pois son os máis parecidos a nós e teñen capacidade de sufrimento. A nivel filosófico o debate pódese resumir nesta pregunta: teñen dereitos os animais, e os seres humanos debemos recoñecerllos Seguir lendo Deuses con forma de can

A roseira de don Faustino

6811543_m4X. Ricardo Losada. O esmoleiro pediulle cinco pesetas. “Aí tes, tres”, díxolle Faustino Rey Romero, “quédoche a deber dúas”. E outro día dáballas. Gloria, a irmá, reprocháballe a súa inxenuidade. “Non ves que se aproveitan de ti? Van pedirche todos os esmoleiros da bisbarra”. E así era. E Faustino, facendo oídos xordos dos sensatos consellos da irmá, dáballes todo o que tiña. Seguir lendo A roseira de don Faustino