Arquivo da categoría: Román Arén

Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX

9788412171921Román Arén. Non coñecín a poesía de Rodolfo Serrano, mais polo seu último libro, El frío de los días (2021), descubro que este é o seu décimo poemario e que músicos como Javier Nervio, Ismael Serrano ou Andrés Molina puxeron música a algúns dos seus poemas. O autor naceu en 1947 en Villamanta (Madrid) e foi xornalista, premiado polas súas crónicas parlamentarias editadas en <El País> e, ademais, gañou o Premio Mesonero Romanos pola súa colección de artigos “Historias de Madrid”. Fóra diso, publicou ensaios, novelas e libros de historia. No volume El frío de los días, subtitulado “Viejos tangos encontrados en una maleta”, atopo o poema “Noche en la aldea”, adicado a Valle-Inclán, ou, mellor, a Bradomín. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX

Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX

110464331Román Arén. A popularidade de Macías como amante e a súa lenda permiten afirmar que ata Rosalía de Castro foi ao poeta galego máis popular na literatura castelá, personaxe de dramas (Larra), novelas, e cantado por Juan de Mena, o marqués de Santillana, Rodríguez de Padrón, Guevara, Lope de Vega, Calderón, Quevedo, Garci Sánchez de Badajoz, Vicetto, Vázquez Queipo… Un dos que cita a Macías é o músico-poeta Gregorio Silvestre. Nado en Lisboa en 1520, en 1541 gañou a praza de organista da catedral de Granada. Amigo de Hurtado de Mendoza e de Barahona de Soto, é un poeta de transición entre a escola tradicional española e a escola italianista. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX

Galicia e os galegos na poesía castelá. Antonia García de León. CLVIII

descargaRomán Arén. A poeta María Antonia García de León, autora de A trescientos quilómetros por hora (2012), Per se (2013) e Resplandece el jardín de la Malinche (2014). Xa en 2016 edita en Madrid o poemario El yo conquistado, onde na segunda parte, “Paisajes soñadas”, aparece o poema “Galicia Morandi”:

Como enamora lo humilde,/así me llega el amor de esta tierra./Lenta, lentamente./De qué callada manera./Un amor cenobial,/un amor de monasterio,/un querer de piedra y agua./Un amor de regato pequeño. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Antonia García de León. CLVIII

Galicia e os galegos na poesía castelá CLVII. Stella Corvalán

unnamedRomán Arén. Non son escasas as alusións a Galicia e aos galegos na poesía hispanoamericana, xa dende a época colonial (Sor Juana Inés de la Cruz, Juan Ruiz de Alarcón), e así Mendive, Rubén Darío, A. Capdevila, Neruda, Augier, Bufano, Nancy Morejón, Juana de Ibarbourou, Hugo Gutiérrez Vega, Ribera Chevremont, Enriqueta Terán, Rubén Benítez, Bossa Herazo, González Carbalho, Casal, Molinari, Bosco e moitos outros darían para unha interesante escolma. A eles habería que engadir os que cantaron ao apóstolo Santiago, que Margarita Vila estudou nun traballo de 1993: José Santos Chocano, Ricardo James Freyre, Jaime Mendoza, Peralta Barnuevo, Rothschu Tablada. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVII. Stella Corvalán