Arquivo da categoría: Román Arén

Galicia e os galegos na poesía castelá. CLV. Rafael Fombellida

2IAVARL3VYLC4M5MKDCGDAFHYMRomán Arén. Nacido en Torrelavega en 1959, é un poeta xa de ampla obra dende Ciudad lenta del asombro (1985), pois en 1988 editará Lectura de las aguas e en 1989 Los últimos días, e xa non volverá editar ata 2001, cando tira do prelo Deudas de juego. Logo virán Norte magnético (2003), Dominio (2005), Oteando (2005), Lugar (2006), Canción oscura /2007), Verano, invierno (2007), Montaña roja (2008), Campo de Marte (2011), Violeta profunda (2012), quizais a máis coñecida das súas obras, Sex(t)o sentido (2014), Di, realidad (2015). En 2006 apareceu a súa primeira escola, La propia voz. Poemas escogidos (1985-2005) e no 2015 compilou a súa obra en Dominio. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLV. Rafael Fombellida

Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIV. Enrique de Villena

0000003_El_Arte_Cisoria_del_Marques_de_VillenaRomán Arén. É moi coñecida a novela romántica de Larra El doncel de don Enrique el Doliente, na que o doncel é Macías e o doente, Enrique de Villena, un verdadeiro humanista do século XV, nacido en 1384, neto de Henrique II, Mestre de Calatrava, e morto en 1434. Tivo fama de bruxo no seu tempo,, pois foi autor de Tratado de astrología (1428) e do Libro de fascinología o el aojamiento (escrito en 1422-1425 e editado en 1876). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIV. Enrique de Villena

Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste

aaaaaaaRomán Arén. Mariano Gómez Fernández naceu en El Espinar, Segovia, en 1903. Comezou a súa andaina como poeta con Primera salida (poemas) (Segovia, 1925), para logo aproximarse á poética da Xeración do “/ cos poemarios Fiesta (Salamanca, 1929) e El sol por otros cielos (Madrid, 1935). Moi amigo de Eduardo Dieste, colaborou na revista <P.A.N.> e prologou o libro do uruguaio-galego Buscón poeta y su teatro (1933). A súa sinatura apareceu en revistas de vangarda como <Papel de vasar> e <Manantial>, mais tamén en <Atlántico> e <Castilla Gráfica>. Participou na guerra civil como miliciano e escribiu en <Umbral>, <Nova Galiza> e <Hora de España>, onde coincidiu con Rafael Dieste. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste

Galicia e os galegos na poesía castelá CLI. Outra vez con Macías: Gregorio Silvestre

110464331Román Arén. volve aparecer Macías na poesía do século XVI da man do músico e poeta Gregorio Silvestre Rodríguez de Mesa, nacido en Lisboa en 1520, pero establecido en Sevilla dende neno, onde serviu ao duque de Feria. Notable músico, foi organista da catedral de Granada, cidade na que faleceu en 1570. Foron a súa viúva e fillos os que editario as súas obras en 1582. E entre esas obras está a Residencia de Amor, un tribunal de coitas amorosas, na que aparecen estes versos:

Que son todas niñerías/que la ocasión levantó,/y el fino amante es Macías,/que por solo amor murió. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLI. Outra vez con Macías: Gregorio Silvestre