Eme Cartea. Paola García Paz no Auditorio de Rianxo. Serie de 34 óleos que ofrecen a imaxe en metamorfose dunha muller, denudada máis ca espida, que se ofrece á ollada como territorio carnal de consenso, libre de intemperies e imposicións masculinizantes. Pintura en tres cuartos, sorprendida en íntima toilette, rebeza de carnes, carácter e personalidade, nun medio escorzo de pé diante da fiestra, que se intúe culta e dona de si, e na que a ausencia de trazos fisionómicos lle outorga valor exemplizante. Seguir lendo Paola, pintora «expedita»
Arquivo da categoría: Eme Cartea
Poesía de antes escrita mañá nun libro singular
Eme Cartea. Un libro singular (poesía, fotografía e análise xornalística) sobre fondo compostelán. Observación, documentación e vivencia dunha cidade que é aldea global e referencia cultural. Tres voces para un coro que, a pesar dos contrastes, soa afinado. Unha longa metáfora polisémica e intimista. Unha biblia didáctica en pedra que nos puíu emocionalmente.
Poesía senlleira e profunda, luxuriante e intensa. Poesía cuberta por sete veos que un lector seducido, vai «desvelando» entre a aparencia e a tensión do invisible, ata que o matiz se desprega nun novo poema. Seguir lendo Poesía de antes escrita mañá nun libro singular
«A Francis Bacon», homenaxe de Ayaso ao pintor irlandés

Eme Cartea. Sempre a arte se move nas marxes do abraio e a subversión: un voo sen ás entre o plaxio e a revolta. Así, o século XX, coa aparición do daguerrotipo, das novas linguaxes estéticas e, sobre todo, da persoalísima visión do artista, vai trocar o secular compromiso entre modelo e imaxe por xeitos alternativos de representación do retratado. Para Kafka, a fotografía é ollada superficial que tolda o oculto; só coa axuda do sentimento, máis alá do parecido e da pel, seremos quen de captar a vida debaixo dun rostro. «Todo retrato pintado con sentimento é un retrato do artista, non do modelo», dinos O. Wilde, o profeta. Seguir lendo «A Francis Bacon», homenaxe de Ayaso ao pintor irlandés
O arco e a lira
Eme Cartea. Octavio Paz (Ciudad de México, 1914-1998), unanimemente poeta e ensaísta, premio Cervantes e Nobel de literatura. Con pegadas modernistas, existencialistas, do surrealismo e orientais, foi xa en vida un clásico contemporáneo. O arco e a lira, 1956 (1967, 2ª edic. aumentada e revisada), prototipo de ensaio poético que, sen ser un canon, si é un claro intento de elaboración dunha poética propia. Un discurso rítmico, suxestivo e paradoxal. Grazas ao seu método ensaístico en espiral, consegue manter presentes na reflexión todos os posibles ángulos de visión, que logra a base de insistencia e iteración. Seguir lendo O arco e a lira