Fidel Vidal. Dividida en dúas partes -a primeira trata do tempo (1/Unha vez), e a segunda do espazo (2/Aquí)- o pequeno pero intenso volume de John Berger (E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, Hermann Blume, 1986) mergúllanos nunha profunda e intimista análise sobre temas de sempre, filosóficos se queredes, nos que o autor ponnos diante do espello co obxecto -coido que sen buscalo- de que reflexionemos ante as eivas que nos envolven. Ensaios e poesía van da man nesta recomendable obra, na que se atopan ademais achegas sobre Van Gogh e Caravaggio. Seguir lendo E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger →