Arquivo da categoría: Fotografía

Doce lúas, de Héctor Pose e Alberto Rodríguez Fariña

doce luasAntón Riveiro Coello. Un home cóntanos no seu diario a súa experiencia vital nunha vila mariñeira onde casa e vive das crebas que o mar desbota. Un día a súa filla adolescente, Casilda, que toma baños seguindo a receita dun médico local, ve unha manda de arroaces preto da praia e dá en nadar tras deles desaparecendo para sempre. Este é o punto de partida de Doce lúas (Axóuxere, 2015), un libro insólito, escrito dende a dor e que acolle a vida dunha vila e unha paisaxe que se fan tanxibles, non só polas fotos de Alberto Rodríguez Fariña que acompañan o texto senón tamén, e sobre todo, pola forza aforística das palabras de Héctor Pose. Seguir lendo Doce lúas, de Héctor Pose e Alberto Rodríguez Fariña

De nenos e gaivotas

nenosMaxi Olariaga. As gaivotas levan o ar nas ás e no ar navegan os soños destes cativos arqueólogos que responden ao atavismo do sangue e da suor. O pai anda ás fanecas nas pedras da Creba e a nai vende o peixe na Praza da Fanequeira. Os raparigos imitan o seu pai e derruban os labirintos das miñocas. Na súa procura atopan berberechos, ameixas e navallas. Seguir lendo De nenos e gaivotas