Arquivo da categoría: Fotografía

Marilyn, alegre erotomanía da lectura

Foto: Eve Arnold
Foto: Eve Arnold

Gonzalo Trasbach. Cantos de nós non pesamos algunha vez, e talvez aínda o seguimos facendo, que Marilyn Monroe (1926-1962), actriz nacida en Estados Unidos baixo o nome de Norma Jean Baker, é unha starlet, é dicir: sexy, superficial e estúpida? Ou algo semellante: parva, inculta e mala actriz?

Coa finalidade de renderlle un pequeno homenaxe á que foi un dos mitos eróticos da miña adolescencia, ocorréuseme escribir este texto cando contemplei varias fotos dela, especialmente a que ilustra este artigo. Seguir lendo Marilyn, alegre erotomanía da lectura

Dúas fotógrafas de hoxe

Foto: Sara Miranda
Foto: Sara Miranda

Uxía Casal. Ignoro até que punto a súa arte é (re)coñecida, pero tanto me ten, porque son moi boas, cada unha ao seu xeito. Tanto Paula Gómez del Valle (www.flickr.com/photos/descalza/) co- mo Sara Miranda (www.wenlagris.com) fan fotografías do mundo que posúen un alento indescritible; Paula, se cadra, semella de primeiras máis espontánea, aínda que custe aceptar que a súa ollada sexa tan rápida e oportuna,

Seguir lendo Dúas fotógrafas de hoxe