Marilyn, alegre erotomanía da lectura

Foto: Eve Arnold
Foto: Eve Arnold

Gonzalo Trasbach. Cantos de nós non pesamos algunha vez, e talvez aínda o seguimos facendo, que Marilyn Monroe (1926-1962), actriz nacida en Estados Unidos baixo o nome de Norma Jean Baker, é unha starlet, é dicir: sexy, superficial e estúpida? Ou algo semellante: parva, inculta e mala actriz?

Coa finalidade de renderlle un pequeno homenaxe á que foi un dos mitos eróticos da miña adolescencia, ocorréuseme escribir este texto cando contemplei varias fotos dela, especialmente a que ilustra este artigo. Tomouna Eve Arnold (Filadelfia, 1912; Londres, 2012) en 1954 en Long Island (Nueva Yorke) e nela aparece Norma Jean sentada no banco dun bambán no xardín traseiro dunha casa. Está lendo. Non pousando para a cámara cun libro aberto por calquera páxina a modo de atrezzo, senón concentrada na lectura con ese particular abandono que os que nos consideramos fetichistas do Reading is sexy tanto apreciamos.

Marilyn_Monroe
Foto: Eve Arnold

Como se pode ver non se trata dun pousado ao uso, senón que recolle un intre, unha parada durante unha sesión fotográfica, no que Marilyn aproveitou para repasar as últimas páxinas do libro que levou ao traballo: o Ulises, de James Joyce. Son consciente de que os máis descridos mirarán con receo ou desconfianza esta imaxe. Hai outras que a mostran cun exemplar de Un enemigo del pueblo, de Ibsen (adaptación de Arthur Miller, daquela o seu home) ou Hojas de hierba, de Walt Whitman, e tamén cun volumen sobre Goya ou con (ninguén é perfecto) How to improve you thinking ability.

Nesta foto decateime de que a Monroe séntese máis cómoda, máis natural, sendo fotografada cun libro entre as mans (o libro como escudo protector) que nas súas habituais poses de pin-up. Para os que dubiden das inquedanzas intelectuais de Norma Jean recoméndolles que repasen a entrevista que lle fixo Georges Belmont (Marie Claire, 1960) e que está recollida no libro Las mejores entrevistas de la historia, compilado por Christopher Silvester. Entre outras moitas cousas, Marilyn confésalle ao periodista francés isto: <Hai un libro de Rainer Maria Rilke que me ten axudado moito, Cartas a un poeta novo. Houbo veces que sen el, posiblemente, tivera crido que estaba tola>.

Hai moitas fotos que me enfeitizan de quen dixo que só quería que a tratasen coma un ser humano, pero esta gústame especialmente porque a vexo moi natural. Ademais, a través dela fun dar cunha frase xenial do cineasta John Waters: <Temos que facer que os libros volvan a molar. Se vas á casa de alguén e non ten libros, non o folles>. Nos tamén apostamos pola alegre erotomanía da lectura, porque, ¿non credes que o brain is the new sexy?

2 comentarios en “Marilyn, alegre erotomanía da lectura

  1. Querido Gonzalo: Después de ” cliquear ” unas … cuantas veces ya que tus artículos son innumerables ( ahora ya sé que se pueden leer los que desaparecen de pantalla ) he dado con ” Marilyn, alegre erotomanía da lectura “. Ya lo he leído pero como estoy un poco apurada – tengo que ir a un funeral – por la noche lo rumiaré mejor, la lectura me gusta tomarla con calma. Ya me traducirás el final.
    Gracias

  2. Estupendo comentario de mujer, y ¡qué mujer!,con libro. Si, leer es sexy mucho más que chatear en Internet. Hoy en muchas adolescentes ,y no tanto, sería sorprendente un libro. Enhorabuena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *