Dous pequenos rinocerontes

kikujiroXerardo AgraFoxo. Entre as obras publicadas por este selo editorial galego, destacan dúas novelas curtas que pertencen a autores de terras moi afastadas. Dúas pezas narrativas que atesouran nas súas páxinas o sabor da mellor literatura.

Kikujiro e Saki, é un relato  do escritor e director de cine xaponés TakeshiKitano (Toquio, 1947), autor da recoñecida película O verán de Kikujiro.Como actor, deuse a coñecer internacionalmente ao interpretar o Sarxento Hara en Feliz Nadal, Mr. Lawrence, de NagisaOshima.

Neste libro autobiográfico, KItanoretrata a sociedade xaponesa do seu tempo a través das relacións que tivo co seu pai, Kikujiro, e a súa nai, Saki. O libro está dividido en catro partes. Na primeira,  descúbrenos o carácter autoritario dunha nai que non para de criticar o seu home e  ofender o fillo, un rapaz torpe e pusilánime. Na segunda, é o pai do novelista quen sae mal parado:un ser lacazán é alcohólico. Amosándonos a súa faciana máis intima e cómica, Kitano converte a estas dúas figuras en símbolos dunha familia humilde dos arrabaldes baixos da capital xaponesa. A terceira parte, describe a defunción de SakiKitano; a cuarta, leva por títuloPersonaxes da familia Kitano. Un libro que describe as desgrazas familiares en clave humorística e unha obra onde as gañas de vivir superan as dificultades máis cotiás. A versión galega é de Mona Imai.

o xiro postalO xiro postal é un pequeno agasallo. O seu autor é o senegalés OusmaneSembéne (1923-2007), un dos grandes nomes da literatura e o cine africano. A acción comeza  nun barrio pobre de Dakar, cando IbrahimDieg, e as súas dúas mulleres, Mety e Aram, reciben de seu parente Abdú un xiro postal que vén de París. As esperanzas dos veciños, para que Ibrahim os rescate da vida miserenta  que levan e as dificultades burocráticas para cobrar o importe dos cartos enviados dende a capital francesa, convértense nun retrato amargo e cruel da sociedade senegalesa posterior á Independencia. O libro tamén é unha metáfora para coñecer porque tantos subsaharianos queren asaltar acotío os valados de Ceuta e Melilla, cada día máis rexos e altos para que só pasen os mozos máis fortes e decididos, a man de obra barata que precisa o Norte. A tradución é de Isabel García Fernández.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *