Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

O regato de Vilaboa

As Letras da arte. jpgAntonio Piñeiro. A Paco Casal, malia o título da mostra (Realidades máxicas) e o tema (o paisaxismo), véxoo eu coma un pintor de humanas proporcións, porque esas paisaxes, horizontes, naturezas, quédannos coma á volta da esquina da ollada. Son próximos, tocables, aínda que polo predominio da mancha, a economía de contidos e a abundancia de atmosfera, deran outra impresión. Paco Casal pinta para achegar, incluso diríamos que para entrar/penetrar, e non o fai dende a distancia, senón dende o espazo mesmo. Seguir lendo O regato de Vilaboa

Chafariz. Na poesía de Xabier L. Marqués

???????????????????????????????Antonio Piñeiro. Sobrepasar o cometido da escrita para abrir, quizais, a ventá a algures. A ventá universal, a paisaxe visible, audible e multidimensionalizada no pensamento poético. Transmutar a palabra en ventá ou en paisaxe. Transcender o significado. Musicalizar o nome, o substantivo. Todos eles semellan lugares comúns da poesía que, sen embargo, Xabier López Marqués, escolle non por iso, ou malia iso, senon por naturais. E non estamos a falar do axiomático. A poesía non ten axiomas, porque é unha mística. Xabier gusta moito, tamén, de tomar e falar dos poetas místicos. Seguir lendo Chafariz. Na poesía de Xabier L. Marqués

Dende a gran duna

Óleo sobre lenzo dunha vista dende enriba da duna de Corrubedo
Óleo sobre lenzo dunha vista dende enriba da duna de Corrubedo

Antonio Piñeiro. Neste pasado verán, Antonio Pérez amosounos unha colección atípica, fresca, paisaxística, litoral, sorprendente, nova. Nova en todos os sentidos, porque nunca tal fixera. Quizais, de cando en vez, algunha vista mariñeira, algún recuncho ou algún petouto que non deixaba de ter máis de personaxe ca de escenario. Quizais unha paisaxe de fondo ou de acompañamento. Pero non coma o motivo, alomenos non o principal, da súa obra. Nin moito menos coma unidade temática. Seguir lendo Dende a gran duna

Neno diante da “Habitación de hotel”, de Xoán Fernández

As Letras. ImaxeAntonio Piñeiro. O neno detívose ante a estraña interpretación que da viaxe fixo Edward Hopper. O abandono (case desacougo) da lectora sentada na cama; as maletas sen desfacer (incerteza); a luz penumbrosa (frío); a ausencia de obxectos ou referencias, apenas unhas maletas, o calzado, a roupa (impersonalidade); a lectura do folleto de trens, o propio cuarto de hotel (transitoriedade). Detívose a pensar diante da escena porque el quizais entende a viaxe doutro xeito. Para el é, quizais, o que para o neno que somos todos: expectativa, emprendemento, ilusión, aventura, romanticismo. Ou quizais é unha ollada a través dunha ventá. Seguir lendo Neno diante da “Habitación de hotel”, de Xoán Fernández