Antonio Piñeiro. Teatro Allegro, Suso Marnu e Carlos Canas, din terse namorado da pendencia branda, descoideira e comprensible de Ríos e Solano, os personaxes do ñaque que, na versión de José Sanchís Sinesterra, temos ocasión de compartir estes días en Corrubedo, no Sursum Corda. Cando se trata de amor -dixo alguén- non se pode esperar outra lóxica que a dunha viaxe inesperada. Seguir lendo Ñaque, de piollos e actores
Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro
Naufraxio con estrelas e medusa. De Antonio Pérez
Antonio Piñeiro. Xa é difícil que un artista tan sólido, tan abundante, tan afeito a se deixar coñecer, poida sorprendernos en cada nova ocasión en que sae ao público. Esa é unha capacidade que hai que recoñecerlle, entre só uns poucos, ao noso admirado Antonio Pérez, e que volveu demostrar nas súas dúas últimas aparicións: Acuarelas, no espazo do Faiado, en Ribeira, e Froitos do mar, no do Centro de Interpretación de Porto do Son, da que procede esta sorpresa-encanto-feitizo do Naufraxio con estrelas e augamares. Seguir lendo Naufraxio con estrelas e medusa. De Antonio Pérez
O mar que non cesa. Maralla

Antonio Piñeiro. Miguel Hernández descubrírao, na fragrancia ou no fragor (segundo se mire) do seu tempo, para a turxescencia poética ou a laparada amorosa. O raio que non cesa. Bunbury descubriuno na sonoridade do título daquel álbum que ía adquirir nunha tenda de discos de Zaragoza (iso se di). O mar non cesa. Maralla recolle a idea ou o influxo; iso que, na arte, chamamos influencias. Seguir lendo O mar que non cesa. Maralla
Versos do eunuco, de Luisa Castro
Antonio Piñeiro. Releo por vixésima ou trixésima vez -xa non o sei- Los versos del eunuco. Vou mordendo polas rúas e os versos libres de Luisa Castro as páxinas dun libro que nunca se me acaba. Achado dunha daquelas tardes de sol Kodak ou sol Agfa nas que a poesía ía dun lado para outro en fotocopias, apuntamentos, borradores, carpetas e ocos de materia, preguntándose de boca en boca a onde quería ir, e pousou na ventá do meu cuarto de estudante nesa mesma forma de paxaro dubitativo. Un eunuco me escribe versos … con un poco de higuera y de cangrejo. Facía uns días que alguén, na televisión, lle soltara a Luisa un deses tópicos que adoita soltar sobre a poesía quen xamais a le: vén o outono –díxolle-, a estación dos poetas. Seguir lendo Versos do eunuco, de Luisa Castro