Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Granito negro, de Manuel Teira

teiraAntonio Piñeiro. Coido que todos temos sentido algunha vez esa curiosa sensación diante dos dous corpos entrelazados de O bico, de Rodín; quizais polo grao de sensualidade que xa sorprendeu aos que lles foi presentada; quizais polo chocante que sempre é a erótica da pedra, tan facilmente convertida en carne.

Os escultores búscanse na rocha. Teñen esa fascinación pola facilidade da rocha para perdurar, compactar ou simbolizar. Manuel Teira sabe que hai afloracións preto (Ortegal) que son das máis antigas do planeta. É dicir, un tócaas e está tocando o mesmo que puido ter sido tocado hai máis de mil millóns de anos. Seguir lendo Granito negro, de Manuel Teira

Paisaxes de Pan, de Ánxela Gracián

gracián-2Antonio Piñeiro. Paisaxes de pan é un poemario novo; un feixe de voces anteriores ou unha gavela de paisaxes que ela foi recollendo do tempo para dicir agora. A raigame que nunca deixa de afondar, de ser, de se multiplicar. O edén posible do tempo primeiro, que Ánxela tivo/ten nun recendo a pan, unha luz suspendida na couza ou un froallo que deixa caer vellos contos, historias, relatos vividos.
Ánxela Gracián ascende ás fontes do tempo en busca de si mesma, a través dunha lírica de espazos, personaxes e acontecementos que puideran ser tamén os do lector; Seguir lendo Paisaxes de Pan, de Ánxela Gracián

As bolboretas non poden nadar

Maralla. Foto: Carmela Queijeiro
Maralla. Foto: Carmela Queijeiro

Antonio Piñeiro. O primeiro que recordo sempre de Maralla é aquel fondo de mar. Era 1979 ou 1980. Un país cambiante, unha cultura en rapidísima transformación, a piques de xurdir as novas tendencias de noso, e ela tiña xa alí, na parede do Balieiros, o matiz de informalismo, expresionismo, iconismo ou simbiose que máis tarde veriamos nelas. Pouco despois puiden estar, tamén por primeira vez, diante da luz filtrada de mar e rompente no Corgo, no Portiño, Seguir lendo As bolboretas non poden nadar