Antonio Piñeiro. Posúe a habilidade de caricaturizar (sintetizar nun bosquexo rápido e fidedigno o que ve) co metal. Coma forxar debuxos, templar o tempo, facer que a montaña veña cara a un. Case unha arte do imposible. Meterlle o ferro escultórico a un debuxo ou á ironía de Castelao, ao fino humor caricaturesco, non semella doado Seguir lendo Che Tembra
Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro
“Alas”, de Belén Rodríguez

Antonio Piñeiro. Recordo, dalgunha biografía ou dalgún monográfico do período impresionista, aquela estampa do artista montando, tensando e imprimando os seus propios lenzos, envorcando o pigmento no morteiro para moelo, mesturando aceites de noz, de liñaza e o po coa espátula, meticulosa, paciente-mente, no transcurso das tardes e da luz fuxidía que andaba a procurar. Algún deles deixounos a lección de que todo pode ser aproveitable para o cadro, o mesmo que todas esas facetas son elos da creación. Seguir lendo “Alas”, de Belén Rodríguez
Atadoras en roda, de A. Pérez

Antonio Piñeiro. Hai unhas semanas asistiamos en Ribeira á presentación da última colección do noso admirado Antonio Pérez. Nesa ocasión, o tema era a natureza morta, o still life dos ingleses. Ou as naturezas mortas, porque un nunca rematou de saber se é xénero un ou múltiplo, xa que o significado de ambos os dous conceptos semella estar en todo Seguir lendo Atadoras en roda, de A. Pérez
Máis alá da pintura
Antonio Piñeiro. O que non esperamos, ao asistir a unha mostra pictórica, é ser nós o obxecto da observación, ser nós os observados/as. Iso é o que me aconteceu con esta última de Mónica Ayaso. Atopei esa ollada inversa, multíplice, mais unívoca, que semellaba coma dun ente vivo ou unha presenza máis alá da pintura. O ollo, fixo en nós, deste Solista celestial, que fun atopando/sentindo mentres facía o percorrido.
Escoitabámolo dende os vellos escanos da facultade: La chiquita piconera(Julio Romero de Torres), a moza da perla (Vermeer), a ollada de Inocencio X (Velázquez) ou o ollo de Buñuel. Seguir lendo Máis alá da pintura