Arquivo da categoría: Xabier L. Marqués

Estampa. De que está construído o silencio?

marquesXabier L. Marqués. Do saboroso e coruscante ataniscar de arumes, rebentos e fronza, das eguas que neste mesmo instante veñen de abeberar nun manancial que a forza de correr discorrer e transcorrer comeza a semellar un espello transparente sen azougue no que os seixos e as pequenas herbas loitan por se achegaren a rolos á superficie e pastar tamén, silandeiros… Seguir lendo Estampa. De que está construído o silencio?

A lura e o crisantemo

Foto: Carlos Laíño
Foto: Carlos Laíño

Xabier L. Marqués. Eu tamén estou de acordo en que o galego, como o xaponés, non pertence á cultura da culpa, pero si á da vergoña, que ten máis que ver cos vincallos íntimos que un establece con todo o que o rodea. Ademais, estas dúas culturas coinciden na ausencia de contundencias afirmativas, no seu escaso emprego de imperativos, no uso de sobreentendidos, formas non agresivas de afirmar (seica, disque…). Discurso borroso?

Malia a aparente dozura da Ría de Arousa, unha das Rías suaves, a súa xeomorfoloxía é moi especial: ateigada de trampas, resulta especialmente complexa. Seguir lendo A lura e o crisantemo

Tempos de plastilina

Mans
Mans

Xabier L. Marqués. Tempos de pensamento feble, sen alicerces, sen fundamento, sen ideoloxías que acubillen os que foxen na procura dun tobo, dun laño ou dunha trincheira ou, simplesmente, dun precipicio. Tempos de se acoirazar. Tempos sen firmeza. Tempos de baguettes, de pan reseso. Tempos para lle pór nome e apelidos ao inimigo. Tempos nos que agroman os delatores. Seguir lendo Tempos de plastilina