Pastor Rodríguez. Milagros Torrado naceu en Cespón, Boiro, en 1983 e xa dende nena se interesou pola creación literaria. Licenciada en Filoloxía Inglesa no 2006 pola Universidade de Compostela, doutora da súa especialidade e profesora da Universidade Internacional de La Rioja, é secretaria da A. C. Barbantia, colaborou en Leñaverde, Folía, o Anuario Brigantino e no da asociación da que é membro. Os seus estudos, xeralmente, unen a filoloxía e a etnografía, ás veces comparando tradicións británicas coas galegas. No ano 2010 sacou do prelo o volume O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galicia, partindo dos seus estudos de doutoramento. Seguir lendo Filoloxía e etnografía
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Pedro F. Castelao, un teólogo laico
Pastor Rodríguez. Pedro Manuel Fernández Castelao nace en Ribeira en 1975, onde estudou o bacharelato para logo cursar teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Comillas, ademais de asistir a cursos formativos en Nápoles e Friburgo de Brisgovia. Premio extraordinario de Licenciatura en Teoloxía no ano 2000, doutorouse no ano 2009 e gañou o Premio José María Ramón de Sampedro á mellor tese de doutoramento en Teoloxía. Profesor convidado na Universidade Interamericana de Porto Rico, é profesor en Comillas de Antropoloxía Teolóxica. En xaneiro de 2007 sucedeu o seu coterráneo Andrés Torres Queiruga, seu mestre en Compostela, na dirección da revista Encrucillada. Seguir lendo Pedro F. Castelao, un teólogo laico
Pemón Bouzas, historia e novela
Pastor Rodríguez. Nacido en Palmeira, desenvolve a súa obra narrativa en castelán e galego. No ano 2005 publicou unha novela histórica co título El informe Manila, protagonizada pola galega Isabel Barreto, sobre os descubrimentos nos mares do Sur no século XVI. Ese interese pola narrativa histórica vai continuar nas súas seguintes novelas, Luces del Norte (2008) e, xa en versión galega, As voces do vento (2014), que acadou o IX Premio Ciudad de Valladolid, ambientada en Cangas do Morrazo no século XVII, unha novela de claroscuros barrocos, con presenza da Inquisición, a bruxaría e as invasións turcas. Novela de estrutura diáfana, moi ben documentada, de estido áxil. Seguir lendo Pemón Bouzas, historia e novela
Alejandro Rodríguez Cadarso, o reitor de Compostela
Pastor Rodríguez. Nado en Noia o 21 de agosto de 1887, pola súa data de nacemento pertence a unha ilustre xeración que no Barbanza deu intelectuais como Castelao, García Martí, Lustres Rivas ou Fernández Mato. Estudante de bacharelato en Compostela, ingresa na Facultade de Medicina desa cidade en 1903, licenciándose en 1908 e especializándose en Anatomía. Os estudos de doutoramento realizounos en Madrid, onde leu a tese “Mastoiditis y trepanación”. Dende 1909 traballou na universidade de Santiago e en 1916 gaña a cátedra de Técnica Anatómica da universidade de Sevilla, pero ese mesmo ano pasa a Compostela, á cátedra de Anatomía Descritiva e Embrioloxía ata a súa morte nun accidente de automóbil en 1933. Seguir lendo Alejandro Rodríguez Cadarso, o reitor de Compostela