Pastor Rodríguez. José Mª García Rodríguez nace en Muros o 6 de febreiro de 1912. Licenciado en Dereito, xuíz e maxistrado de Traballo en 1944. Emigra á República Dominicana en 1945, onde foi chanceler do Consulado español ata 1963, ano no que pasou a exercer en Porto Rico. Cultivou o xornalismo, a poesía, a novela e a biografía. E 1979 veu visitar a súa vila natal. Autor de novelas históricas como Princesa de Francia en Castilla e de biografías como Doña María de Molina ou Ambrosio Spínola y su tiempo. Publicou ademais o libro de relatos Cuentos de cornudos y otras picardías (1973), obras históricas como Guerra de Independencia (1808-1814) e Don García Hurtado de Mendoza, el vencedor de Caupolicán. Continue reading Un muradán en Santo Domingo
Arquivos da categoría Pastor Rodríguez
Un historiador de Muros
Pastor Rodríguez. Non hai dúbida de que ata as publicacións de Manuel Fabeiro, o historiador de Muros máis importante era Ramón de Artaza e Malvárez, nado nesa vila no ano 1877. Licenciado en Dereito, foi rexistrador, pero tamén xornalista, director de publicacións locais como El Diablillo, Villa de Muros ou Tribuna Gallega. Continue reading Un historiador de Muros
Un hidrólogo de Palmeira

Un poeta esquecido
Pastor Rodríguez. Non naceu no Barbanza Eduardo Núñez Sarmiento, senón en Ribasar, parroquia do concello de Rois, o 20 de marzo de 1865, mais estivo moi vencellado a Noia, onde residiu varios anos e onde naceu o seu fillo, o poeta D’Arxellas, en 1888. Continue reading Un poeta esquecido