Pastor Rodríguez. Nacido en Palmeira, Plácido Betanzos García foi profesor a maior parte da súa vida activa como profesional, e durante moitos anos impartiu Tecnoloxía nos institutos de Coroso e Leliadoura da cidade de Ribeira. Profesor bondadoso e xovial, foi moi amado por varias xeracións de escolares pola súa proximidade e actitude entregada. Seguir lendo Ensino, política e literatura
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Cipriano Fernández, teatro e ensino
Pastor Rodríguez. Foron dous autores do Barbanza, Castelao e Rafael Dieste, quen fixeron dúas achegas esenciais á historia do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse e A fiestra baldeira, e será logo un noiés, Xosé Agrelo Hermo, quen se convertiría no nome máis representativo do noso teatro, co grupo Candea, mais tamén nun nome significativo do teatro para nenos na súa etapa escolar. Nese teatro infantil destacou outro home do Barbanza, Xesús Santos Suárez. Seguir lendo Cipriano Fernández, teatro e ensino
Narrador e biógrafo de Rianxo

Pastor Rodríguez. Xosé Ricardo Losada, nacido en Rianxo en 1961, profesor de Filosofía no ensino medio, colaborador de La Voz de Galicia e da revista noiesa Alameda, no ano 2005 publicou un libro de relatos, O xene da chuvia, onde xa se manifestaba a súa mirada diferente e orixinal. Seguir lendo Narrador e biógrafo de Rianxo
Retrato de Ánxela Franco
Pastor Rodríguez. Dous nomes imprescindibles na vida social e cultural do Barbanza e máis alá da nosa bisbarra: a pintora de Corrubedo, Maralla Paz Franco, e a política sonense Ánxela Franco Pouso, dúas liñas de forza, dous remuíños de iniciativas. A pintora máis matérica e máis expresionista fronte á política nacionalista máis inqueda, con máis forza, sempre a carón dos débiles. Seguir lendo Retrato de Ánxela Franco