Arquivo da categoría: María Xesús Blanco

Dans la maison

dans la maisonMaría Xesús Blanco. Gocei moito a visión da película francesa Dans la maison (En la casa, 2012) do recoñecido director francés Francois Ozon. Galardoada con varios premios, como a Concha de Ouro na 60 edición do Festival de Cine de San Sebastián ou o Premio Cine Europeo 2012 ao mellor guión, interpreta unha historia brillante baseada na obra de teatro El chico de la última fila de Juan Mayorga. O argumento arrinca nun instituto francés onde un profesor de literatura, frustrado pola falta de interese dos seus alumnos e desencantado da vida en xeral, comeza a sentir curiosidade e fascinación pola habilidade para contar historias dun alumno solitario e pouco comunicativo. Seguir lendo Dans la maison

Resistencia cotiá

nadal veránMaría Xesús Blanco. Hai unhas semanas, cando a roupa de verán seguía leda nos armarios e os termómetros das nosas casas marcaban temperaturas inusuais de outono, máis ben propias do verán, os andeis dos supermercados comezaban a encherse de produtos do Nadal. Parecía que desta vez os estrategos do consumo decidiran adiantar a campaña de vendas aínda máis que en anos anteriores. E facíano con sixilo, e a traizón, sen ruídos nin anuncios publicitarios. Lembro ben aquela tarde, nos últimos días de outubro, cando empurraba co meu fillo o carro da compra nun establecemento comercial da comarca. De súpeto, os dous quedamos apampados no medio do corredor diante dunha fila de doces típicos para esas datas. Seguir lendo Resistencia cotiá

Dende o conflito, de María Reimóndez

dende o conflitoMaría Xesús Blanco. En Dende o conflito (Novela merecedora do Premio Xerais 2014) a escritora lucense María Reimóndez, autora de obras recoñecidas e galardoadas como O club da calceta, O caderno de  Bitácora, Usha ou A dúbida, artella un escenario poliédrico arredor da traxectoria vital dunha reporteira galega que informa sobre situacións de conflito para a BBC. Cunha prosa áxil e transparente, a trama lévanos por territorios como Kigali, Bagdad, Addis Abeba, Afganistán, Sri Lanka ou Porto Príncipe. Máis tamén a espazos máis próximos nos afectos, como Londres, Berlín, Compostela ou Vilalba. Seguir lendo Dende o conflito, de María Reimóndez