Arquivo da categoría: María Xesús Blanco

Solsticio de verán

solsticioMaría Xesús Blanco. Neste tempo o mar ole a fogueiras e a flores silvestres. A estalotes vermellos e a rosas nadas nas beiras dos camiños. Porque é tempo de lavar a pel, de deixar atrás os temporais e o nordés de mal agoiro. O vento do sur espanta os nimbos salvaxes e a lanterna do solsticio anega de luz esta paisaxe de buguinas que veneramos como unha deusa grega. Seguir lendo Solsticio de verán

Unha novela italiana

Maquetaci—n 1María Xesús BlancoNo tengo miedo (Editorial Anagrama 2011) é un dos libros máis celebrados do escritor italiano Niccoló Ammaniti (Roma, 1966). Na coidada tradución de Juan Manuel Salmerón, a novela narra unha historia, ambientada nunha aldea imaxinaria do sur de Italia a finais dos anos setenta, dende a perspectiva dun neno de nove anos chamado Michele Amitrano.

É verán e vai moita calor. E mentres os adultos agardan dentro das casas a caída do sol os nenos percorren coas súas bicicletas os trigais e os campos da contorna. Nunha desas saídas o narrador, e protagonista da novela, coñece un personaxe que cambiará a súa vida ao facelo cómplice dun segredo tan poderoso como inesperado que non será quen de contarlle a ninguén. Seguir lendo Unha novela italiana

Tempos difíciles

tempos difícilesMaría Xesús BlancoA luz do mediodía cega os ollos dos que miran á cámara. Naquela hora o mar petaba no peirao e as dornas bambeaban ás costas do fotógrafo. Escoiten o ruído dese outro tempo inmortalizado no papel. Intúese, máis aló da escena, un ruxerruxe lento de barcos achegándose á terra. E o bulicio canso dos mariñeiros carrexando as caixas de peixe. Seguir lendo Tempos difíciles

A derradeira viaxe

berda davilaMaría Xesús BlancoO derradeiro libro de Emma Olsen (Editorial Galaxia, 2013), obra galardoada hai uns meses co Premio Repsol de Narrativa Breve e co Anxel Casal ao mellor libro de ficción 2013, é unha intrigante novela da escritora galega Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987). A autora, que acumula outras obras e galardóns, artella unha historia conmovedora ambientada nunha vila singular en Dakota do Sur, á que regresa a escritora protagonista do libro coa súa filla de dezasete anos. Esta personaxe, unha muller enferma á que lle queda pouco tempo de vida, decide volver ao entorno que a viu nacer, á casa familiar onde transcorreu a súa infancia e adolescencia. Seguir lendo A derradeira viaxe