
María Xesús Blanco. Era a terceira vez que empezaba un curso de natación. Non era quen de manterme a flote nin un par de segundos. Dende nena, ti ben o sabes, sinto pavor ao mergullarme na auga dende aquela caída. A primeira vez anotoume papá. Aínda estaba no instituto. Claro que daquela atopaba cousas máis interesantes que facer e andaba por aí de festa en vez de ir á piscina. Lémbraste? Así e todo, no verán sentía moita envexa ao verte a ti, e aos primos, nadando e facendo pinchacarneiros no salto do río. Seguir lendo Non hai dúas sen tres


