María Xesús Blanco. No interludio a brisa achega sempre olores mesturados, como de piñeiro enxoito e area mollada. Calquera día unha coloración gris e humedecida anegará esta paisaxe. Mais hoxe a alborada volveu abrir despexada. E o serán zumega un verán que se resiste a esvarar no carreiro do fuxidío. Seguir lendo Equinoccio
Arquivo da categoría: María Xesús Blanco
Filloas
María Xesús Blanco. A Rosalía gústalle moito evocar o entroido da súa infancia. Aquel olor a filloas acabadas de facer coa auga do cocido na casa da avoa paterna. E o ruído do vento coándose polas fendas das portas de madeira. Lembra ben aquelas interminables tardes de inverno. Que frío ía fóra! E tamén dentro! Seguir lendo Filloas
Paseo marítimo
María Xesús Blanco. Ceo, auga, area, catro e media da tarde. Fuches deica o mar para descubrir unha misteriosa furna. Hoxe o salitre non golpea o muro de granito. Só nubes altas e intensas van e veñen. E nada queda agora daquel vento afoutado. Fuches e sentaches a mirar dende a distancia. Seguir lendo Paseo marítimo
Competencia lingüística
María Xesús Blanco. A luz solar mingua día a día e pronto sentiremos o cambio de hora como a confirmación de que o inverno está máis cerca. Mais vivimos un tempo estraño. Hai uns días tocoume viaxar durante horas cando o termómetro do automóbil non baixaba dos trinta grados. E hei de admitir que agradecín a compaña da radio –pois conducir resúltame cada vez máis tedioso– e tamén o axeitado funcionamento do aire acondicionado. Seguir lendo Competencia lingüística