Arquivo da categoría: Ciencia

Para que serven os fósiles?

BY25C4F3_205432
Na imaxe pode verse un fósil de amonites cuxa cuncha se converteu en pirita

Fernando Losada Rodríguez. Hai 440 millóns de anos, a finais do período Ordovícico, o noso planeta Terra era moi diferente. Mentres que en terra firme só había plantas sinxelas e fungos, nos mares abundaban os trilobites, uns invertebrados de patas articuladas moi diferentes dos seus parentes actuais, crustáceos e insectos. Seguir lendo Para que serven os fósiles?

Noia, un espazo da memoria

BA27C2F6_21042Pedro García Vidal. Ao igual que as persoas, algunhas cidades posúen tamén certificado de nacemento. No caso de Noia ten data de 9 de abril de 1168, momento en que o rei Fernando II lle outorga a súa Carta Pobra, polo que a vila vén de celebrar o seu 850 aniversario. Logo de tanto tempo, a memoria devalou, e a cidadanía foi perden-do conciencia do mundo que a creou. Seguir lendo Noia, un espazo da memoria

O número pipí

PIX. Ricardo Losada. Nunca che fun moi partidario de efemérides. Entendo a súa función, pero creo que mostrarnos solidarios, pacíficos ou ecoloxistas un día concreto é demasiado fácil, e a moitos chégalles para xustificarse ante os demais. Pero sendo iso certo, tamén o é que hai efemérides que me gustan. Unha delas, o día do número pi, que se celebra o 14 de marzo (3/14 en anotación anglosaxona), un número que non me estraña que fascine os seres humanos desde a Antigüidade pois indica que a razón entre a lonxitude dun círculo, sexa xigantesco ou anano, e o seu diámetro, é sempre a mesma: 3´14. Seguir lendo O número pipí

Cuarzo, feldespato… e radon

BM23C2F6_21315Jose Lires. A historia dos avances en cien-cia e tecnoloxía está saturada de feitos ines-perados que supoñen un xiro das investiga-cións rematando en descubrimentos cando menos sorprendentes. A mediados dos anos oitenta do século pasado, un operario dunha central nuclear en Pensilvania disparaba todos os dispositivos de seguridade pola alta radiación que emanaba do seu corpo. Seguir lendo Cuarzo, feldespato… e radon