Arquivo da categoría: Ciencia

Riqueza emerxente

Batea en construción na praia de Mañóns (Abanqueiro-Boiro) FOTo JESÚS SUÁREZ ARES
Batea en construción na praia de Mañóns (Abanqueiro-Boiro) FOTo JESÚS SUÁREZ ARES

Xulio Gutiérrez. En todos os ámbitos da vida hai feitos que parecen independentes pero que, en realidade, están intimamente relacionados. Sen entrar en disquisicións metafísicas sobre este inquietante feito, pasemos a un exemplo gastronómico e oceanográfico: a asombrosa calidade do marisco galego e as baixas temperaturas estivais da auga das nosas praias. Seguir lendo Riqueza emerxente

A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (II)

la-invencion-de-la-naturalezaPedro García Vidal. O libro La invención de la Naturaleza conta a aventura do saber dunha persoa ben formada que decide ir descubrir como funciona o mundo. A  través dunha prosa limpa e coidada, Wulf, conduce o lector polos tempos convulsos polos que decorre a vida de Humbolt (1769-1859), onde el mesmo toma posicións claras: liberal progresista, aberto inimigo da escravitude e combatente de toda forma de opresión e discriminación. Coñecemos as persoas coas que se relaciona, Goethe e Schiller, especialmente, e das que Wulf expón as súas ideas más sobranceiras para mostrarnos os pensadores daquela época de cambio. Seguir lendo A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (II)

A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (I)

Alexander von Humboldt,  Prussian geographer, naturalist and explorer (1769 -1859)Pedro García Vidal. A primeira vez que escoitei nomear a Humboldt -non podía ser doutro xeito- foi nunha clase de Xeografía de bacharelato. O admirado profesor Antonio Gutiérrez de Velasco trataba de explicar como a presenza da corrente fría coñecida por ese nome influía no clima dos países que miraban a costa occidental de América do Sur. Máis tarde souben que ese apelido bautizaba innumerables lugares e fenómenos xeográficos espallados por todo o mundo: serras, ríos, baías, glaciares, montañas, fervenzas, plantas, animais, e tamén prazas e rúas –unha delas na cidade da Coruña- e que correspondía a un dos máis grandes científicos da historia: o naturalista e explorador alemán Alexander von Humboldt. Seguir lendo A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (I)

Perelman, Poincaré e o millón de dólares (II)

perelman2Gonzalo Trasbach. En maio do 2000, o Clay Institute, institución dedicada á promoción e divulgación do coñecemento matemático, incluíu a conxectura de Poincaré entre os sete problemas máis sobresalientes do milenio, e ofreceu un premio de un millón de dólares a quen dese coa solución. Dúas semanas despois, pero xa no campus de Stony Brook, insignia da Universidade de Nova York, Perelman contou cun auditorio aínda máis numeroso que en Massachutts, e no medio había varios xornalistas. Escoitaran que o ruso fixera un descubrimento sensacional relacionado coa forma do universo, e que podía ter gañado un millón de dólares. Seguir lendo Perelman, Poincaré e o millón de dólares (II)