Arquivo da categoría: Ciencia

Darwin. A biografía gráfica

darwin-la-biografia-graficaAgustín Agra. Cando Charles Darwin descubriu a flor da Angraecum sesquipedale, unha orquídea provista dun esporón de vinte e cinco centímetros de lonxitude –maior que unha cuarta humana coa palma da man o máis aberta posible–, deduciu que, para poder acadar o néctar contido no seu interior, tiña que existir un insecto cunha probóscide de cando menos ese tamaño. Mais a avelaíña prognosticada por Darwin, a Xantopan praedicta, non apareceu ata moitos anos despois do pasamento do excepcional naturalista inglés… Seguir lendo Darwin. A biografía gráfica

Quirópteros (paisaxe crepuscular)

quip
Os morcegos son fillos da noite pero ningún dos que hai en Galicia se nutre de sangue

Agustín Agra. Nocturnos e esquivos. Fillos da noite. Capaces, coas súas pequenas orellas, de escoitar o eco dos sons que eles mesmos emiten para localizar as súas presas; mais, das 24 especies identificadas ata agora en Galiza, ningunha se nutre de sangue. De 1.200 especies arestora coñecidas no mundo, só tres -en zonas tropicais de América- Seguir lendo Quirópteros (paisaxe crepuscular)

Unha litoteca na rúa

Palabras. Litoteca na ruaJose Lires. Algunha que outra vez o amigo e profesor Agustín Agra faloume de percorrer a nosa vila, Noia, describindo as rochas que tapizan as súas rúas e revisten as fachadas das vivendas. Unha litoteca fóra do laboratorio para experimentar cos materiais e figurar procesos xeolóxicos. Hoxe, cando me atopo con el cerca da súa casa, invítoo a compartir a pretendida andaina. Iniciamos a xeira con moitos conceptos previos aprendidos, e co ánimo de reconstruír unha historia onde o tempo se conta en millóns de anos, e o espazo transmútase vertixinosamente ensarillando a realidade con plausibles escenarios primixenios. Observar, interpretar, ¿imaxinar? Seguir lendo Unha litoteca na rúa