Gonzalo Trasbach. Hai cen anos, un mes de novembro de 1915, Albert Einstein (Ülm, Alemania, 14/3/1879, Princeton, USA, 18/4/1955) presentou a Teoría Xeral da Relatividade no transcurso dunha conferencia que ditou na Academia Prusiana da Ciencia. Aínda que non son físico nin matemático, por este motivo un quixera renderlle ao egrexio científico unha humilde homenaxe. Só pretendo dar unhas poucas referencias sobre este xenial físico xudeu, un dos máis eminentes do século pasado, e que coincidiu cunha ampla constelación de incomparábeis químicos, físicos coma el, matemáticos e mesmo filósofos e artistas. Seguir lendo Einstein e o vello Poincaré
Arquivo da categoría: Ciencia
Fontán (III), a súa magna obra: a Carta Xeométrica de Galicia
Pedro García Vidal. Domingo Fontán, xeógrafo e matemático, pasou á historia por ser o autor do primeiro mapa realizado con rigor científico en España. Concibiu Fontán a xigantesca idea de realizar un mapa de Galicia levantando o plano xeodésico do país; establecendo vértices e medindo ángulos e alturas; determinando a situación exacta de lugares, ríos, vales e montañas para entregarnos a que modestamente denomina “Carta Xeométrica”, monumento á entrega Seguir lendo Fontán (III), a súa magna obra: a Carta Xeométrica de Galicia
Fontán (II), en Noia
Pedro García Vidal. A súa vinculación con Noia procede das estancias estivais na vivenda da rúa do Curro na que residía o seu tío materno Sebastián Rodríguez Blanco, cura párroco da vila de Noia e persoa que vai ocuparse da súa educación e da do seu irmán Andrés nos anos da infancia. Conta Fontán nos seus apuntamentos autobiográficos que foi aquí en Noia, a carón do seu tío, onde cultivou diversos estudos e onde presbíteros emigrados de Francia por mor da revolución de 1789 van instruílo na lingua francesa, así como tamén na lingua inglesa. Igualmente, durante os traballos de realización da súa Carta Xeométrica centralizáronse na vila os aparellos de medida da presión e temperatura nos que o seu irmán Andrés, en horas prefixadas, encargábase de anotar Seguir lendo Fontán (II), en Noia
Fontán (I), o perfecto ilustrado
Pedro García Vidal. Esta novela conta con paixón e rigor histórico a vida dunha persoa extraordinaria como foi Domingo Fontán Rodríguez, ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. Perfecto equilibrio entre recreación histórica e retrato dunha personalidade complexa, sempre na loita pola causa liberal e polas ideas máis adiantadas do seu tempo. De seguro, este libro de Marcos Calveiro colaborará ao coñecemento dunha figura ilustre que, como tantas outras en Galicia, permanece no escuro recuncho do esquecemento. Pero, quen foi Domingo Fontán e que tipo de vinculación mantivo coas terras de Noia e Lousame que tan ben reflicte a novela de Marcos Calveiro? Seguir lendo Fontán (I), o perfecto ilustrado