Fontán (II), en Noia

2Pedro García Vidal. A súa vinculación con Noia procede das estancias estivais na vivenda da rúa do Curro na que residía o seu tío materno Sebastián Rodríguez Blanco, cura párroco da vila de Noia e persoa que vai ocuparse da súa educación e da do seu irmán Andrés nos anos da infancia. Conta Fontán nos seus apuntamentos autobiográficos que foi aquí en Noia, a carón do seu tío, onde cultivou diversos estudos e onde presbíteros emigrados de Francia por mor da revolución de 1789 van instruílo na lingua francesa, así como tamén na lingua inglesa. Igualmente, durante os traballos de realización da súa Carta Xeométrica centralizáronse na vila os aparellos de medida da presión e temperatura nos que o seu irmán Andrés, en horas prefixadas, encargábase de anotar a presión e temperatura á par que Fontán o facía nos puntos que quería medir. Deste xeito, podían calcularse logo as alturas dos relevos montesíos en relación co nivel do mar cuxa base era o mar de Noia.

Fontán e a fábrica do Castro-Lousame

Segundo relato dos seus tataranetos, César e Miguel Ángel Camargo Sánchez, presentes na homenaxe ao seu ilustre antepasado en Noia, a fábrica de papel do Castro en Lousame foi fundada por tres industriais noieses en 24 de setembro de 1810. O pai de Fontán, Rosendo Fontán Oliveros, chegou a ter un paquete de accións da referida fábrica que vai ceder no ano 1928 ao seu cuñado o párroco de Noia encargado da educación dos seus fillos. fontan noiaEste á súa vez fai doazón de ditas accións aos seus sobriños Andrés e Domingo Fontán, reservándose en usufruto a metade dos beneficios. Cando morre, no ano 1843, deixa como únicos herdeiros os seus sobriños que van investir os cartos da herdanza en adquirir case na súa totalidade a fábrica de papel do Castro que aínda se atopaba en mans dos demais socios. Será a partir de entón cando Fontán, establecido en Santiago de Compostela, vai dedicarse, xunto co seu irmán, ao goberno da fábrica de papel “acaparando partidas de trapo vello na súa casa como materia prima para a fabricación de papel”, sinalan os seus tataranetos. En maio de 1857 Domingo Fontán e o seu irmán Andrés fixéronse coa totalidade das participacións da fábrica de papel do Castro. Esta instalación industrial vai ter unha importancia notable na fabricación de papel timbrado para o Estado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *