Arquivo da categoría: Ciencia

Fillos do deus Ghodón

humorX. Ricardo Losada. Un domingo dunha soleada mañá de setembro, de paseo polo fermosísimo camiño que vai da praia de Tronco á das Cunchas, atopei cun amigo que había tempo que non vía. ¿Despois das preguntas retóricas, falamos de literatura, e preguntoume por que os meus artigos eran tan humorísticos, non me parecía que a boa literatura debía ser seria? Seguir lendo Fillos do deus Ghodón

Son os matemáticos xente rara?

Grigory Perelman2Gonzalo Trasbach. Hai xa uns anos, nunha cea cun grupo de amigos, un deles cualificou de “xente moi rariña” o matemático Grigory Perelman. A aparente razón para dedicarlle tal cualificativo era que se negara a recoller a Medalla Fields, equivalente ao Nobel das matemáticas e premiado cun millón de dólares. Perelman recibiu tan alta consideración por ter dado coa solución para un dos máis fascinantes problemas matemáticos, sen resolver dende 1904: a famosa conxectura de Poincaré. O que nunca souben é o motivo real dese “xente moi rariña”. Sería talvez polo millón de dólares: quen nos seus cabais na nosa sociedade renuncia a semellante  cantidade de diñeiro? Seguir lendo Son os matemáticos xente rara?

As vacalouras de Queipo

VacalouraAgustín Agra. Este día recibimos na horta a visita dun fermoso macho de vacaloura (Lucanus cervus). Ao meu fillo non lle sorprendeu escoitarme dicir que empregaba as súas poderosas mandíbulas semellantes a cornos para pelexar con outros machos polos favores sexuais das femias; sabe –tendo a ser un tanto reiterativo–, que en moitas outras especies de animais se dan similares comportamentos de competencia.  Seguir lendo As vacalouras de Queipo

Nomear o mundo

nomearAgustín Agra. Malia ter doce anos, Serxio non dá puntada sen fío. O mesmo pregunta a diferenza entre ave e paxaro como ergue unha cella cando se decata de que non lle dou á palabra corno o mesmo significado que a corna. Non, por suposto que non. Os touros, aínda que non apareza reflectido con propiedade nos dicionarios, e por moito que así o repitan os noticiarios dos telexornais, non teñen hastas; o deles, como nas vacas, os carneiros ou as cabras, son estruturas óseas permanentes: cornos; porén, cando mudan, xa sexa de xeito anual ou durante a xuventude do animal, trátase de cornas ou hastas. Seguir lendo Nomear o mundo