Xulio Gutiérrez. A planta da fotografía é unha trompeta do demo (Datura metel), un arbusto inconfundible, moi frecuente nos xardíns de medio mundo. Hainos de flores rosas, amarelas ou de dobre corola e todas desprenden un agradable olor. Pero a douzura da súa fragancia e a fermosura das súas flores agochan un escuro segredo. É unha planta extremadamente velenosa que contén unha substancia, a escopolamina, de enorme toxicidade. Seguir lendo Burundanga
Arquivo da categoría: Ciencia
Paisaxes efémeras

Pedro García Vidal. Na zona temperada do Planeta en que nos atopamos, a natureza mide o paso do tempo polas estacións. Na extraordinaria viaxe deste «pequeno punto azul pálido» arredor do sol, a precisa inclinación do seu eixe sobre o plano da eclíptica permítelles aos habitantes desta parte da Terra o fantástico privilexio de contar con catro estacións ben diferenciadas. Seguir lendo Paisaxes efémeras
Museo do Mar de Noia
Agustín Agra. Alén de atender á colección de cunchas e ás maquetas dos barcos, ao meu fillo gústalle enredar coa roda do leme e a bomba de achique que o Museo ten á disposición dos nenos. Antón é neto de xefe de máquinas e bisneto de patrón de pesca. Que familia da contorna non conta cunha historia semellante: unha nai ou unha avoa mariscadora; un pai, un tío, un irmán contramestre? Seguir lendo Museo do Mar de Noia
Farmacia silvestre
Xulio Gutiérrez. Misteriosas e ocultas a plena vista, as plantas medicinais son unha farmacia silvestre da que case temos perdido a memoria. Os estralotes, a herba das andoriñas e o estramonio, entre outras, agroman nos solares ermos, incluso nos ambientes máis urbanitas. Seguir lendo Farmacia silvestre