Arquivo da categoría: Ciencia

Viaxe dun naturalista arredor do mundo

charles 1Agustín Agra. O buque da súa maxestade Beagle, ao mando do capitán Fitz-Roy, zarpou de Davenport o 27 de decembro de 1831 cara a unha viaxe de cinco anos na que daría a volta ao mudo. O obxecto da expedición era completar o estudo das costas de Sudamérica e dalgunhas illas do Pacífico. A bordo, na calidade de naturalista, co obxectivo de colectar exemplares da fauna e flora e facer observacións xeolóxicas, ía Charles R. Darwin.

Cando embarcou, aínda que acabado de diplomar en Cambridge, Darwin era pouco máis ca un rapazolo de 22 anos. Seguir lendo Viaxe dun naturalista arredor do mundo

Lúa mentireira

Foto: Rocha lunar. Smithsonian Museum, NY.
Foto: Rocha lunar. Smithsonian Museum, NY.

Xulio Gutiérrez. O persistente tránsito nocturno da Lúa vén marcado polo abalar e devalar da súa face, nunha danza secular que ten intrigado o Homo sapiens desde que é sapiens.

Os ritmos lunares determinan labores agrícolas, gandeiros, pesqueiros e incluso industriais; unhas veces con razón científica, como o nexo entre mareas e fases lunares, e outras sen ela, como o falso mito da relación entre os partos e o cambio de Lúa. Seguir lendo Lúa mentireira

Olores, arrecendos e fedores

ArrecendosLaura Gutiérrez. Mentres les este artigo, o teu cerebro procesa e interpreta informa-ción de todo o que acontece ao teu redor, consciente e inconscientemente.  As ondas sonoras fan tremer os tímpanos transfor-mándose en sons audibles; a luz do sol rebota contra o papel e chega ás retinas formando imaxes; as rugosidades do papel excitan os receptores sensorias das xemas dos dedos, transformándose na sensación táctil que experimentas ao soster o xornal. De xeito que os sentidos sitúante no mundo cunha interacción constante e vital. Seguir lendo Olores, arrecendos e fedores

A masacre silenciosa

Palabras. Imasacre. ImaxeXulio Gutiérrez. Vivimos nunha socie-dade frenética adicta ás présas. Non hai tempo (ou vontade?) para as explicacións prolixas. Se queres dicir algo tes que falar rápido e forte. As mensaxes deben ser simples. Pero o conto de hoxe é complexo.  Así que, a risco de perder o lector xa no segundo parágrafo, comezo: Un paseo pola praia, cando as mareas vivas descobren os segredos da rexión infralitoral, revela signos sutís do drama que están a vivir os océanos. Seguir lendo A masacre silenciosa