Arquivo da categoría: Ciencia

As outras paisaxes

pedro as outras paisaxesPedro García Vidal. Todos algunha vez tivemos esa sensación de retorno a xeografías recordadas percibindo un aroma, escoitando un son, degustando un sabor ou acariciando unha superficie que se torna familiar ou íntima. Porque, aínda recoñecendo o papel preponderante da vista na experiencia da paisaxe, non podemos esquecer as paisaxes sensoriais non visuais Seguir lendo As outras paisaxes

Aprendendo a mirar paisaxes

pedroPedro García Vidal. Contemplo de vagar estas aldeas rianxeiras. Remontando o val, no linde entre o monte e as terras de cultivo, representan o froito dunha longa e teimuda loita do ser humano e a natureza que nos regala esta paisaxe. Toda esa paciencia que tivo o tempo e a paisaxe para ir facéndose coa finalidade de perdurar, aparece ante a nosa mirada. Seguir lendo Aprendendo a mirar paisaxes

Pedra ou rocha…?

dinosauroJose Lires. Aceptamos “dinosauro” como mamífero bípede da nosa especie entrado en anos? Teño as miñas dúbidas. A raíz dunha achega anterior neste café, un admirado amigo, persoa docta e multifacética no eido da cultura, facíame unha crítica ben interesante. Parecíalle que os científicos –nalgún momento formei parte do gremio, polo que me sinto aludido- andabamos con andrómenas léxicas para definir acontecementos naturais. Seguir lendo Pedra ou rocha…?

De cando era dez anos máis novo: Historia dun aniversario

mujaJose Lires. Por fin chegou o día. Atrás quedaban décadas de intransixencia académica e incomprensión política. Anos de investigación, divulgación e procura da peza chave no quebracabezas do mundo xurásico. Era o día elixido polas autoridades para a gran inauguración, para poñer fin a toda esa incerteza que carrexabamos día a día ata acadar o cumio dos cantís no remate das xornadas de exploración. Seguir lendo De cando era dez anos máis novo: Historia dun aniversario