Pilar Sampedro. En 2017, este artista realizou a exposición Parábola da Abundancia no Museo do Pobo Galego. Era o testemuño do que el e Terry Berkowitz fotografaran e gravaran en vídeo, ao longo dos veráns de 2014 e 2015 na costa galega: os grupos de mariscadoras que fan do mar unha leira na que recoller a colleita. Seguir lendo Crebas, de Francesc Torres
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Soledad Penalta: implacable selección
Eme Cartea. Estamos a falar de Soledad Penalta. Muller. Asidua na amizade. Artista en permanente expansión por camiños inexplorados. Creadora que, hoxe, domestica o aceiro ao ritmo afiado do plasma, da soldadura, a ensamblaxe, os pregues e a composición aditiva. Seguir lendo Soledad Penalta: implacable selección
Caosmos de Antón Patiño
Pilar Sampedro. Patiño é un apelido querido entre nós. Fala de arte e cultura, dos artistas, Raimundo, Antón, Lois… e de libreiros: con Antón Patiño, o home que viña da República para traballar nos eidos da micoloxía e dos libros, fundando a libraría Librouro en Vigo á que lle dá continuidade o seu fillo Xurxo. Seguir lendo Caosmos de Antón Patiño
Poesía inoxidable
Eme Cartea. Estase a repetir, coma un slogan nestes tempos convulsos de feroz pandemia, que nada hai máis extraordinario que a normalidade. Certamente. Pero tamén é certo que, como aseveraba Proust, a rutina fai invisible o universo cotián volvéndonos insensibles ás evidencias e aos problemas do real. Seguir lendo Poesía inoxidable