Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Baleiro en azul

51019Fidel Vidal. O azul, segundo Michel Pastoureau (Breve historia das cores, 2006), é a máis “razoable” de todas as cores. Despois da mala sona na Antigüidade –en Roma, os ollos azuis delataban unha muller como de mala vida-, e mesmo esquecido, tanto que nin se consideraba cor. Para establecer un vocabulario houbo que buscalo fóra, “en palabras xermánicas (blau) e árabes (azraq)”. En castelán antigo dicíase azur, do árabe lazawárd ou lapislázuli, sinalando a cor azul do mineral. Mais como a Virxe vive no Ceo, os artistas do medievo vestirana de azul. Dese xeito, pola influencia relixiosa, o azul gañou adeptos e foise convertendo ao longo da historia nunha cor de elección, en especial en Europa, no Occidente en xeral. Seguir lendo Baleiro en azul

A arte secuestrada

arte2Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai anos, un compañeiro de clase levoume á súa casa, onde me chamou a atención un gravado de Dalí presidindo o salón. Cando aquel viu que me dirixía a miralo, faloume do que pagaran por el e do certificado de autenticidade que gardaban cos documentos máis importantes da familia, pero non soubo dicirme que pretendía dicir o autor con aqueles debuxos que parecían sacados dun pesadelo. O famoso anacronismo da película Titanic, en que un millonario leva consigo un cadro de Picasso, debería servir para que nos preguntásemos para quen é e para que serve a arte, se é adorno Seguir lendo A arte secuestrada

Poética de confidente

A obra do artista da Pobra forma parte dunha exposición que se pode ver no Amanitas
A obra do artista da Pobra forma parte dunha exposición que se pode ver no Amanitas

Antonio Piñeiro. Veño de estar na nova exposición de Manuel Teira, no Amanitas, na Pobra do Caramiñal, o café-bar sobrepasado de si mesmo coma lugar de encontro, conversa, cultura, estética, amizade; nunca de vez expresado como quixeramos. Das veces que teño estado no taller de Teira, sempre me quedou unha idea nova da linguaxe. Manuel muda de vocabulario tanto como lle sexa preciso á diversidade. Seguir lendo Poética de confidente