Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Miradas poéticas a carón dos camiños de Santiago

BS28C2F4_204928Pedro García Vidal. Pío Costa (Noia, 1952) achegou este verán ata o Liceo noiés a súa particular e orixinal mirada poética sobre espazos e arquitecturas que habitan os diferentes camiños a Compostela. Trátase dun conxunto vario de cadros realizados en plein air ou pintura ao aire libre, todos eles impregnados de aire e de luz. Seguir lendo Miradas poéticas a carón dos camiños de Santiago

Poemas equinos

equinosX. Ricardo Losada. O primeiro poema do libro Poemas equinos, que serve tamén, pero non só, como catálogo da exposición que a pintora Paola García Paz inaugurou en xullo en Boiro, titúlase Coñecerte é amarte necesariamente, e esa é a conclusión á que o lector chega nada máis rematar de ver a reprodución dos cadros e os seus correspondentes quince poemas. O poema en cuestión remata cunha afamada cita en latín, Suaviter in modo, fortiter in re (Suave nas formas, forte no fondo), que pode que defina a visión que Cartea e Paola teñen dos cabalos de raza galega (mesmo tomados como sinécdoque da nosa historia) aos que lles dedican o libro, pero que non serve, desde o meu punto de vista, para definir a natureza destes poemas.     Seguir lendo Poemas equinos

Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (III)

41+h7MgOP2L._SX326_BO1,204,203,200_César Alen. O mesmo pasa na arte, un dos poucos aspectos humanos que nos pode liberar da roda endogámica do medo. Isto non é en absoluto algo fútil, aí xogas o superar a dualidade vida-morte, eros-thanatos. Non é que o diga eu, xa Shopenhuer, Nietzsche ou Junger no seu profético libro Emboscadura falan do poder taumatúrxico da arte. Por tanto, se deixamos que a arte se desvirtualice e perda o seu valor salvífico, xa non nos quedará nada. Ou si, a emboscadura, é dicir ir ao bosque, emboscarse. Seguir lendo Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (III)

Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (II)

7983César Alen. Os irmáns Coen son especialistas en diseccionar a esta caterva de seudoartistas que viven do conto. Intelectuais de pacotilla cun gran ego. Lembro a escena en que está a pintora (interpretada por Julianne Moore) “creando”. A tía balancéase nunha gran randeeira espida. Nunha das paredes hai un lenzo, cando chega á súa altura lanza a pintura, creando figuras imposibles. Na estancia soa unha música atronadora. O gran Lebowski (Jeff Bridges) non dá creto ao que ve. Deambula alucinado ante tal acto de snobismo. Sentado nunha butaca un fulano que ri de forma histérica. Seguir lendo Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (II)