Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (III)

41+h7MgOP2L._SX326_BO1,204,203,200_César Alen. O mesmo pasa na arte, un dos poucos aspectos humanos que nos pode liberar da roda endogámica do medo. Isto non é en absoluto algo fútil, aí xogas o superar a dualidade vida-morte, eros-thanatos. Non é que o diga eu, xa Shopenhuer, Nietzsche ou Junger no seu profético libro Emboscadura falan do poder taumatúrxico da arte. Por tanto, se deixamos que a arte se desvirtualice e perda o seu valor salvífico, xa non nos quedará nada. Ou si, a emboscadura, é dicir ir ao bosque, emboscarse. Nesta liña a historia deixounos a grandes emboscados, homes eminentes que foron capaces de achegar novas ideas, afastándose do sociedade en decadencia. O filósofo americano Thoreau decidiu poñer en práctica as súas propias predicacións e marchou ao bosque. Alí construíu unha cabana coas súas propias mans. Viviu da caza e a pesca. Desa experiencia saíu o famoso libro Walden. Un fito na literatura, ademais de fonte de inspiración ás xeracións seguintes, incluídos os beatniks. Pero xa o fixera antes Montaigne, que aos cincuenta anos decidiu retirarse da vida pública, deixar as súas aspiracións políticas e illarse nun castelo da súa propiedade para dedicarse a pensar e reflexionar. Alí redactou os seus famosos essais (ensayos). Outra das súas afeccións foi o viño, xa que consideraba a senectude como a época perfecta para embriagarse sen ningún remordemento. O propio Voltaire pasou os seus derradeiros anos na súa residencia de Ferney, en Suíza. Non chegou a illarse, xa que abriu as portas a todo aquel que pasara por alí. ernst-jc3bcnger-la-emboscaduraDe feito, a súa casa converteuse nun lugar de peregrinación de intelectuais e pensadores. Ademais, dedicou o seu valioso tempo a defender a inocentes de forma altruísta como avogado que era. Jung tamén se retirou a unha especie de torre, nun lugar idílico. Alí, ademais de dar grandes paseos ao redor dun inspirador lago, escribiu algunhas das súas obras. A verba emboscadura no está tomada ao azar. O significado profundo remóntanos ás asociacións telúricas, moi afastado do superficial, do homoxéneo. Lugar que é precisamente onde se acomodan os mediocres. Neste sentido atopamos estas palabras na Emboscadura: “o gran perigo está en que o home confíe demasiado nas axudas doutros e, cando falten aquelas, quede desvalido. Todas as comodidades hai que pagalas. A situación de animal doméstico arrastra consigo a situación de animal de matadoiro”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>