Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (I)

Dudeísmo - El Gran LebowskiCésar Alen. Aquel home, como ben narra a voz en off na película O gran Lebowski, dos irmáns Coen, ofrecía a tranquilidade inherente ao simple andar polo mundo, ao estar aquí e agora: “unha viaxe en ácido, conducir por aí, xogar aos birlos”. Non ter a necesidade de xustificarse. Só deambular polas rúas na seu escangallado Sedan escoitando á Credence. Agora vivimos nun mundo tan antropocéntrico. Sentimentos egoístas, a expresión desmesurada do eu. Resúltame case imposible manter unha conversa coa maioría da xente. Ninguén parece coñecer a arte de escoitar. Non, trátase de falar, de soltar o teu. Seguir lendo Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (I)

Giacometti, escultor de liñas (II)

giacometti_woman_throat_cut_0Fidel Vidal. Giacometti (1901-1966) escribe sen pretensións literarias o que lle confire aos seus textos unha sorte de frescura moi atraente. Se ben son as esculturas as que lle dan maior recoñecemento ao autor, pola miña parte eu gusto en igual ou maior medida e valor dos seus debuxos e pinturas. “A violencia –di- emocióname nas esculturas”. “Esa violencia, atópaa na realidade?”. “Coido que si. En todo. E máis alá. Ademais é o que máis me sorprende: incluso na cabeza máis insignificante” (Escritos). Seguir lendo Giacometti, escultor de liñas (II)

Giacometti, escultor de liñas (I)

9480_hombre-que-camina-i-por-giacometti-1960jpg1Fidel Vidal. O nome de Alberto Giacometti lévame a contemplar na memoria, ademais dun dos seus enfraquecidos e espigados Camiñantes, outras dúas imaxes sorprendentes: a primeira, o propio autor andando, medio encollido, amparándose da choiva coa gabardina pola cabeza e, a segunda, un matrimonio de xaponeses posando sentadiños nunha banqueta fronte ao artista no seu abarrotado taller, un auténtico cubil segundo expresión dun dos seus máis prezados críticos e amigos. Un cuarto desarranxado e ateigado de obxectos sen espazo para tan abundante material: ferramentas, esculturas, pinturas, debuxos. Seguir lendo Giacometti, escultor de liñas (I)