Giacometti, escultor de liñas (I)

9480_hombre-que-camina-i-por-giacometti-1960jpg1Fidel Vidal. O nome de Alberto Giacometti lévame a contemplar na memoria, ademais dun dos seus enfraquecidos e espigados Camiñantes, outras dúas imaxes sorprendentes: a primeira, o propio autor andando, medio encollido, amparándose da choiva coa gabardina pola cabeza e, a segunda, un matrimonio de xaponeses posando sentadiños nunha banqueta fronte ao artista no seu abarrotado taller, un auténtico cubil segundo expresión dun dos seus máis prezados críticos e amigos. Un cuarto desarranxado e ateigado de obxectos sen espazo para tan abundante material: ferramentas, esculturas, pinturas, debuxos.

De aí, desa complicada situación espacial do estudio ao que nunca renunciou, talvez se derive unha das teimas máis produtivas referidas ao concepto de espazo en relación coa obra: “Toda escultura que parte do espazo como existente é falsa, non hai máis que a ilusión do espazo” (Escritos, Alberto Giacometti, Síntesis, 2001). As figuras son pequenas debido a que “o importante é o espazo”. O espazo é fundamental, sen espazo non hai respiro nin forma de medrar, aínda que os baleiros nos metan medo e, por causas inconscientes, renunciemos a el mediante o síntoma, o horror vacui, e cubramos cada centímetro e cada recuncho da estancia.

Segundo Sartre, Alberto Giacometti fíxose escultor debido á “obsesión polo baleiro”. Suízo de nacemento, fillo único do pintor impresionista Giovanni Giacometti, coñecido sobre todo polas súa esculturas mentres el apostaba máis polo debuxo, e eu, servidor, pola súa pintura. Os personaxes de Giacometti “viven nun espazo cerrado imposto polas súas propias distancias, nun baleiro prefabricado que non é quen de encher e que soportan en vez de o crear. 14232109789137Por conseguinte, que é ese baleiro enmarcado e poboado senón un cadro?” (Sartre, Situations IV). No entanto a súa persoa vaise descolocando, esfarelando: “Teño a impresión de ser un personaxe esvaecido, un pouco borroso, mal situado”. Igual ca os que pinta, mesmo por riba das percepcións ilusorias: “O personaxe pintado é alucinante porque se presenta baixo a forma dunha aparición interrogativa”.

A realización dunha peza só é “un traballo material que non presenta, para min en todo caso, ningunha dificultade”. “Pero si menos interese?”, pregunta Georges Charbonier “Realizala”, responde Giacometti, “é case aburrido. Un desexa ver a escultura xa (…) Necesitas vela rematada pero a realización en si é irritante. Se puidera que outra persoa a realizase sería fantástico”. Con esta afirmación está a dicir que a obra de arte baséase principalmente nun concepto, nunha concepción imaxinativa.

2 comentarios en “Giacometti, escultor de liñas (I)

  1. Buenos días queridísimo Fidel:
    Puesto que de la obra de Giacometti no puedo opinar por ser completamente desconocida para mí, he querido encontrar algo relacionado con lo expresado en tu artículo y creo que lo he hallado: “el vacío”.
    Hace aproximadamente un par de meses, mi amiga de toda la vida, me pidió si la acompañaba a comprar un aspirador robot de estos tan evolutivos. Cuando llegamos a la tienda, la dependienta nos enseñó cinco modelos diferentes empezando por el más económico, cuando llegó al último nos dijo que aquél era el último modelo, (costaba la friolera de casi setecientos euros) y que estaba provisto de una barrera defensiva. ¿ Qué significa eso ? -pregunté- una barrera defensiva es una muralla ¿no? A lo que la chica contestó sonriendo que era algo parecido, para a continuación preguntarle si tenía alfombras negras. Mi amiga le dijo que las tenía grises oscuras. “Entonces no hay problema, el robot, solamente rechaza las negras.
    Con los ojos como platos volví a preguntar: ¿ Hacen robots racistas ? y mirándome con sus ojos desparejos pero con una gran cultura mercantil, me explicó lo del “vacío”. “A las alfombras negras, señora, no se suben porque para el robot, el negro es el vacío. Ellos piensan que es un precipicio y no se acercan a él. Mi asombro no conocía límites, pero zanjando la cuestión, mi amiga se vino para casa con el inteligente androide, y la inteligente dependienta, con el merecida sonrisa de su jefe.
    Besiños palmeiráns, queridísimo.

    ¿SON MULAS, O CÍVICOS ALUMNOS?

    1. Naturalmente que hai robots racistas…
      Formidable historia e marabillosamente contada como sempre. Moitas grazas, miña atenta Magdalena. Non lembro, pero intúo unha persoa de sona, que se manifestaba como racista: “Encántanme as razas”.
      Saúde e aspiradores silenciosos: O ECO DO CEO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *