Viaxe en solitario

mujer-cafe-mediumMarina Losada. “As mulleres sempre van de dúas en dúas ao lavabo”, acabo de escoitalo na mesa; eu tiven que facelo soa, atravesar todas as miradas; sabelas. Sen permitir que se notase todo o desacougo que me producía, reanimei o vestido que tan pouco me cubría e os zapatos de charón vidos de estrear, de tacón fino, eses que aseguran estilizar a figura feminina; fixei a mirada no fondo da sala, no sinal de saída de emerxencia e comecei a andar, temendo, xa mesmo, o camiño de regreso.

Un camareiro que levaba unha enorme fonte  de piñas xeadas, con palliñas e bandeiras de papel, abaneando con elegancia no alto do seu brazo esquerdo, fixo de escudo na volta.

Cando sentei de novo á mesa, baixei os ollos ao escote no que lucía un peito xeneroso, pulido por unha crema hidratante do melloriño do mercado, aseguráronmo no salón de beleza; coa man, rocei as medias de seda, baixo unha saia tan mínima como pode permitirse unha muller nova, aínda que non é o caso. Alonguei os dedos diante do prato, para asegurar que seguían neles as uñas de metacrilato. Despois deille a volta, dubidosa de que aquelas mans fosen as miñas.

Todos os pratos da cea sabían a carmín, menos a sobremesa, que non a toquei, por manter a figura de cine que luciría naquel baile de fin de ano.

Cando abandonamos por fin o salón, todas as mulleres pasaron polo gardarroupa a recoller as prendas que as protexerían do frío da madrugada; eu non; eu  levaba o abrigo azul cosido á miña pel desde que mamá o mercara para min na puberdade.

2 comentarios en “Viaxe en solitario

  1. Buenos días, Marina:
    Dicen que cualquiera puede escribir si está motivada. Mi opinión es que tú estás motivadísima, a pesar para el lector, de que te escondes en tu silencio. He mirado nada más leerte, tus entradas en Barbantia y veo que hay dos; he leído también la primera, “Paxarela”, no sé con cual quedarme, porque trabajas las letras igual que el mago las pajaritas, estilizas los símbolos de tu composición, tanto como ese tacón fino lo hace con la figura de tu protagonista.
    Muy bueno, Marina.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *