Fidel Vidal. En novembro de 1990 o pintor Luis Arencibia entra no manicomio de Leganés para debuxar os enfermos. Realizou cincuenta retratos a lapis dos que, dunha ducia deles, fixo cadanseu gravado. O resultado forma parte deste singular volume, Locos (Casset, 1992), composto polos doce debuxos e os seus correspondentes augafortes, e unha contribución especial de Leopoldo María Panero, con seis poemas, un conto e unha entrevista con Eneko Fraile (publicada con anterioridade na revista Quimera) onde, ao ter borrado da memoria o capítulo da infancia, intervén a súa nai Felicidad Blanch para nos descubrir que o seu fillo Leopoldo, con tres anos, xa recitaba poemas sen antes ter escoitado nin lido ningún. Seguir lendo Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
A literatura infantil e Edward Hopper
Pilar Sampedro. Se nolo dixesen pensariamos que era un erro, porque… que pode ter que ver esta literatura con artistas tan afastados e con duras imaxes que falan da imposibilidade da comunicación?Un libro, Avións de papel; un autor Xavier Estévez; un ilustrador Marcos Viso, que acompaña a narración con imaxes que se aproximan á banda deseñada escollendo unhas tonalidades que priorizan o verde azulado e o amarelo crema; un pintor, Hopper, que dá o seu nome ao grafiteiro que vai iluminando a cidade con agasallos para todos e todas as que a viven. Seguir lendo A literatura infantil e Edward Hopper
“Aurora na ría de Arousa”,

Eme Cartea. A este par de artistas, Guille e Gloria, ningunha das técnicas picturais lles son alleas. Neste caso, a dúas mans, indagan nas inmensidades do lenzo, inocente e receptivo, con cores harmónicas, vivas, simbólicas, excitantes, psicolóxicas, connotativas, musicais, case fantasiosas, que apuntan directas á maxia sensible da ollada. Amantes confesos e apaixonados da paisaxe galega, profunda, misteriosa, indómita e acuosa, ofrécennos unha «paisaxe da emoción» polisémica que nos conmove entre ventos e chuvia, e renace talvez en saudosos crepúsculos de euforia acendida. Seguir lendo “Aurora na ría de Arousa”,
“Alas”, de Belén Rodríguez

Antonio Piñeiro. Recordo, dalgunha biografía ou dalgún monográfico do período impresionista, aquela estampa do artista montando, tensando e imprimando os seus propios lenzos, envorcando o pigmento no morteiro para moelo, mesturando aceites de noz, de liñaza e o po coa espátula, meticulosa, paciente-mente, no transcurso das tardes e da luz fuxidía que andaba a procurar. Algún deles deixounos a lección de que todo pode ser aproveitable para o cadro, o mesmo que todas esas facetas son elos da creación. Seguir lendo “Alas”, de Belén Rodríguez
