Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Dende a gran duna

Óleo sobre lenzo dunha vista dende enriba da duna de Corrubedo
Óleo sobre lenzo dunha vista dende enriba da duna de Corrubedo

Antonio Piñeiro. Neste pasado verán, Antonio Pérez amosounos unha colección atípica, fresca, paisaxística, litoral, sorprendente, nova. Nova en todos os sentidos, porque nunca tal fixera. Quizais, de cando en vez, algunha vista mariñeira, algún recuncho ou algún petouto que non deixaba de ter máis de personaxe ca de escenario. Quizais unha paisaxe de fondo ou de acompañamento. Pero non coma o motivo, alomenos non o principal, da súa obra. Nin moito menos coma unidade temática. Seguir lendo Dende a gran duna

Un noiés estudoso da arte

un noiésPastor Rodríguez. Nacido en Noia en 1929, doutor en Filosofía e Letras, a súa tese de doutoramento foi publicada en 1962 co título Contribución al estudio del Gótico en Galicia, centrada na diocese de Compostela, que se converteu na obra de referencia para o estudo dese período artístico no noso país e alén de Galicia. Catedrático de Historia da Arte na Universidade Complutense, Jesús María Caamaño Martínez colaborou en importantes revistas como Archivo de Arte Español con traballos como Seis tímpanos compostelanos de la Adoración de los Reyes (1958); Cuadernos de Estudios Gallegos co ensaio La portada de San Jerónimo en Compostela (1957); Seguir lendo Un noiés estudoso da arte

Fábulas talladas

fabulas-talladasLucía Romaní. Labrar, esculpir ou tallar son accións que desvelan e revelan formas, sutilmente, gradualmente, nun proceso delicado que require paciencia e precisión. A exposición Contos da orfebrepreséntase na galería O Faiado de Ribeira, durante este mes de novembro, como unha serie de narracións independentes onde fíos de tinta debuxan o papel con gran preciosismo, tal que filigranas, construíndo un mundo simbólico coroado de diminutas xoias ou apliques inspirados na natureza. Pingas que tecen mantos, pelo embutido en lume, ou plumas entre follas e ás recrean un imaxinario cuxas ambiguas formas se duplican e replican, obsesivamente, nas diferentes historias contadas. Seguir lendo Fábulas talladas