Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

«A Francis Bacon», homenaxe de Ayaso ao pintor irlandés

ayaso
Lenzo homenaxe a Francisco Bacon e a Velázquez

Eme Cartea. Sempre a arte se move nas marxes do abraio e a subversión: un voo sen ás entre o plaxio e a revolta. Así, o século XX, coa aparición do daguerrotipo, das novas linguaxes estéticas e, sobre todo, da persoalísima visión do artista, vai trocar o secular compromiso entre modelo e imaxe por xeitos alternativos de representación do retratado. Para Kafka, a fotografía é ollada superficial que tolda o oculto; só coa axuda do sentimento, máis alá do parecido e da pel, seremos quen de captar a vida debaixo dun rostro. «Todo retrato pintado con sentimento é un retrato do artista, non do modelo», dinos O. Wilde, o profeta. Seguir lendo «A Francis Bacon», homenaxe de Ayaso ao pintor irlandés

Neno diante da “Habitación de hotel”, de Xoán Fernández

As Letras. ImaxeAntonio Piñeiro. O neno detívose ante a estraña interpretación que da viaxe fixo Edward Hopper. O abandono (case desacougo) da lectora sentada na cama; as maletas sen desfacer (incerteza); a luz penumbrosa (frío); a ausencia de obxectos ou referencias, apenas unhas maletas, o calzado, a roupa (impersonalidade); a lectura do folleto de trens, o propio cuarto de hotel (transitoriedade). Detívose a pensar diante da escena porque el quizais entende a viaxe doutro xeito. Para el é, quizais, o que para o neno que somos todos: expectativa, emprendemento, ilusión, aventura, romanticismo. Ou quizais é unha ollada a través dunha ventá. Seguir lendo Neno diante da “Habitación de hotel”, de Xoán Fernández

A superstición da arte

CASA ANDRE
Casa André

X. Ricardo Losada. André, un sobriño de catro anos, colle pequenos paus do chan e fai unha casa nun dos bancos de pedra do Campo de Arriba. Recórdame o cadro A casa xiratoria de Paul Klee, e incomódome. ¿Por que non son capaz de disfrutar esa espontánea casa sen ningún tipo de mediación intelectual? É unha das miñas teimas recorrentes. A mala educación que recibín sobre arte. Ben sinto non ter lido con 15 anos o libro de Gombrich A historia da arte. Di algo que me parece de sentido común: “É infinitamente mellor non saber nada sobre arte que posuír esa especie de coñecemento a medias propia do snob”. ¡Cantas veces viaxei como un snob polos museos de Europa! Seguir lendo A superstición da arte

Manuel Teira, pintor de universos líquidos

manue teiraEme Cartea. A morte das vangardas, coa súa carga lineal de progreso ilimitado e utopía social, dá paso aos posmodernismos, espazos artísticos onde a arte se fai presente sen renuncias ao pasado. Pincelada en liberdade, reflexo dunha sociedade varia e complexa, mais exenta de ímpeto liberador. A plasticidade ao servizo do lenzo, nun buscado equilibrio entre tradición e innovación, que renuncia aos grandes ideais, nun retorno, talvez, da pintura pola pintura. Seguir lendo Manuel Teira, pintor de universos líquidos